Skip to Content

Erasmus +      Comedor             

Declaración de política Erasmus + do IES Cidade de Antioquía

Poñemos a disposición de calquera persoa interesada a "Declaración de política Erasmus" do noso centro. Para acceder ao contido prema na seguinte ligazón.

A ecuación que vale un millón de dólares.

O pasado día 10 de Xaneiro tivemos a honra de asistir no noso centro a unha conferencia a cargo do exalumno Oscar Rivero Salgado. 

Óscar cursou os estudos de ESO e Bacharelato no noso centro entre os anos 2006 e 2012. Entre moitos dos seus logros cómpren destacar os premios extraordinarios en ESO e Bacharelato de Galicia así como os primeiros premios nas olimpiadas galegas de matemáticas dos anos 2010, 2011 e 2012. Tamén participou nas olimpiadas españolas de matemáticas onde chegou a acadar a medalla de ouro no ano 2012, e nas olimpiadas internacionais, medalla de bronce no 2011 e de prata no 2012.

Posteriormente cursou o dobre grado de matemáticas e física na universidade politécnica de Barcelona, rematando os seus estudos cos premios de mellor expediente de matemáticas, mellor expediente de física e mellor traballo de fin de grao, o cal versaba sobre a "Conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer", un dos chamados problemas do milenio e obxecto da conferencia coa que nos agasallou.

 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos do evento.

 

 

Enlace á notica na prensa.

Visita dos alumnos de bacharelato aos museos de Madrid

Os pasados días 9 e 10 de Xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato das asignaturas de debuxo artístico e historia da arte, realizaron unha viaxe cultural a Madrid para visitar os museos de "El Prado" e "Thyssen-Bornemisza". Pódense ver as fotografías na galería de imaxes ou premendo no icono de abaixo.

 

Actividade "Recreos activos"

Esta semana, dentro da actividade de "Recreos Activos", acompañounos a alumna Sara Conde Márquez de 2º bacharelato, para ensinar ao alumnado de 1º ESO nocións básicas de primerios auxilios.

 

   

Calendario de inicio de clases para o curso 2019/2020.

Preme no icono para acceder ao calendario de inicio de curso.

 

Listado de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto 2019/2020

Pódese acceder aos distintos listados premendo nos seguintes enlaces:

 

Listado de admitidos.

 

Listado de excluídos.

Listado de libros de texto para o curso 2019/2020

Premendo no icono pódese acceder ao listado de libros de texto para o vindeiro curso. Tamén se pode consultar no taboleiro da secretaría do centro.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar.

Publicada no DOG a orde que regula as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019.

Enlace á orde premendo na imaxe.

 

 

Programacións das probas libres para a obtención de titulos de FP. Ano 2019.

Programacións do CM de aproveitamento e conservación do medio natural.

 

Programacións do CS de xestión forestal e do medio natural.

Distribuir contido


by Dr. Radut