Skip to Content

Erasmus +      Comedor             

Complementarias

Alumnado do noso IES fórmase en seguridade vial.

A pasada semana, o alumnado do noso centro de 4º da ESO asistiu a unha charla sobre seguridade vial a cargo da Garda Civil. O obxectivo da charla foi conciencialos dos perigos do consumo de alcol e drogas asociados á conducción de vehículos. 

Puideron ver imaxes e videos de accidentes reais consecuencia desas condutas e probar unhas gafas de realidade virtual que simulaban a conducción baixo os efectos desas substancias.

Enlace á noticia na prensa pulsando na imaxe.

 

A ecuación que vale un millón de dólares.

O pasado día 10 de Xaneiro tivemos a honra de asistir no noso centro a unha conferencia a cargo do exalumno Oscar Rivero Salgado. 

Óscar cursou os estudos de ESO e Bacharelato no noso centro entre os anos 2006 e 2012. Entre moitos dos seus logros cómpren destacar os premios extraordinarios en ESO e Bacharelato de Galicia así como os primeiros premios nas olimpiadas galegas de matemáticas dos anos 2010, 2011 e 2012. Tamén participou nas olimpiadas españolas de matemáticas onde chegou a acadar a medalla de ouro no ano 2012, e nas olimpiadas internacionais, medalla de bronce no 2011 e de prata no 2012.

Posteriormente cursou o dobre grado de matemáticas e física na universidade politécnica de Barcelona, rematando os seus estudos cos premios de mellor expediente de matemáticas, mellor expediente de física e mellor traballo de fin de grao, o cal versaba sobre a "Conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer", un dos chamados problemas do milenio e obxecto da conferencia coa que nos agasallou.

 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos do evento.

 

 

Enlace á notica na prensa.

Actividade "Recreos activos"

Esta semana, dentro da actividade de "Recreos Activos", acompañounos a alumna Sara Conde Márquez de 2º bacharelato, para ensinar ao alumnado de 1º ESO nocións básicas de primerios auxilios.

 

   

Obradoiros de arqueoloxía.

Alumnado das asignaturas de Cultura Clásica, Grego e Latín do noso centro participou en diversos obradoiros de arqueoloxía no Museo Universitario "A Domus do Mitreo", en Lugo.

 

O xornal da USC emitiu unha nota de prensa que se pode ver neste enlace.

 

Alumnado do centro visita o mosteiro de Celanova.

O pasado día 27 de maio o alumnado de 2º e 3º da ESO e 1º de Bacharelato do noso centro visitou o mosteiro de San Salvador de Celanova para presenciar un concerto didáctico organizado polo departamento de Música. Todas as imaxes do evento están dispoñibles na galería de fotos.

 

Conferencia a cargo de Feli Alogo

O pasado venres 29 de marzo tivemos o pracer contar no noso centro coa presenza de Feli Alogo. Esta muller de 28 anos e que reside en Ourense falounos da súa experiencia vital e como, malia a quedar cega con só 4 anos, foi capaz de superar os múltiples atrancos da vida ata chegar a acadar unha licenciatura en dereito.

 

Tedes un enlace coa nova na prensa premendo na imaxe.

 

 

Alumnos do noso centro participan na X edición do Parlamento Xove.

Os días 8 e 9 de marzo, os alumnos Xoán Caramés, Douaa Ahlioui, Lucía Vázquez e Nerea Carballo, acompañados pola profesora Esther Casal, participaron como equipo de debate no "Parlamento Xove 2019" que se celebrou no CRDO da Coruña. Dende o centro queremos felicitalos pola súa iniciativa e resultados acadados, parabéns!

Programa Voz Natura

Como en anos anteriores, seguimos a participar no programa "Voz Natura" de "La Voz de Galicia", podes atopar toda a información, premendo na imaxe.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut