Skip to Content

Erasmus +      Comedor             

Taboleiro

A ecuación que vale un millón de dólares.

O pasado día 10 de Xaneiro tivemos a honra de asistir no noso centro a unha conferencia a cargo do exalumno Oscar Rivero Salgado. 

Óscar cursou os estudos de ESO e Bacharelato no noso centro entre os anos 2006 e 2012. Entre moitos dos seus logros cómpren destacar os premios extraordinarios en ESO e Bacharelato de Galicia así como os primeiros premios nas olimpiadas galegas de matemáticas dos anos 2010, 2011 e 2012. Tamén participou nas olimpiadas españolas de matemáticas onde chegou a acadar a medalla de ouro no ano 2012, e nas olimpiadas internacionais, medalla de bronce no 2011 e de prata no 2012.

Posteriormente cursou o dobre grado de matemáticas e física na universidade politécnica de Barcelona, rematando os seus estudos cos premios de mellor expediente de matemáticas, mellor expediente de física e mellor traballo de fin de grao, o cal versaba sobre a "Conxectura de Birch e Swinnerton-Dyer", un dos chamados problemas do milenio e obxecto da conferencia coa que nos agasallou.

 

Premendo na imaxe pódese acceder á galería de fotos do evento.

 

 

Enlace á notica na prensa.

Visita dos alumnos de bacharelato aos museos de Madrid

Os pasados días 9 e 10 de Xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato das asignaturas de debuxo artístico e historia da arte, realizaron unha viaxe cultural a Madrid para visitar os museos de "El Prado" e "Thyssen-Bornemisza". Pódense ver as fotografías na galería de imaxes ou premendo no icono de abaixo.

 

Actividade "Recreos activos"

Esta semana, dentro da actividade de "Recreos Activos", acompañounos a alumna Sara Conde Márquez de 2º bacharelato, para ensinar ao alumnado de 1º ESO nocións básicas de primerios auxilios.

 

   

Calendario de inicio de clases para o curso 2019/2020.

Preme no icono para acceder ao calendario de inicio de curso.

 

O alumnado de 2º da ESO visita os estudios de Telemiño.

O pasado día 2 de maio o noso alumnado de 2º da ESO acudiu aos estudios de telemiño para visitar as instalacións e mais realizar un programa de TV. A continuación atoparedes enlaces aos videos do programa e máis á galería de imaxes. 

Telemiño Video 1

Telemiño Video 2

Galería de fotos

 

Os plans proxecta do noso centro na prensa.

O pasado día 13 de marzo tivo lugar no noso centro a segunda sesión das charlas do plan proxecta "Apuntámonos a non beber" para as cales contamos coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz e a xefa terriotorial de sanidade Laura López.

Debaixo da imaxe atópanse os enlaces á noticia en distintos diarios.

 

La Voz de Galicia

Concello de Xinzo de Limia

La Región

 

Alumnos do noso centro participan na X edición do Parlamento Xove.

Os días 8 e 9 de marzo, os alumnos Xoán Caramés, Douaa Ahlioui, Lucía Vázquez e Nerea Carballo, acompañados pola profesora Esther Casal, participaron como equipo de debate no "Parlamento Xove 2019" que se celebrou no CRDO da Coruña. Dende o centro queremos felicitalos pola súa iniciativa e resultados acadados, parabéns!

Un alumno do noso centro recibe o premio extraordinario de FP.

O pasado día 22 de febreiro tivo lugar o acto de entrega dos premios extraordinarios de FP, bacharelato e ensinanzas artísticas outorgados pola consellería de educación.

Nese acto, o alumno do noso centro Jesús Regal Rodríguez, do ciclo superior de xestión forestal e do medio natural recolleu o "Premio extaordinario de ciclo superior de FP 2016/2017".

Dende o centro queremos felicitalo pola obtención deste premio e desexarlle moito éxito na sua carreira profesional.

Na imaxe inferior aparece acompañado pola directora María Garrído e a xefa de estudos Pilar Pérez. Pódese acceder á galería de fotos premendo na imaxe.

Gañadoras do concurso de postais de Nadal

Dende o centro queremos felicitar a Ruth Suárez Pérez e Victoria Freitas Rodríguez, gañadoras do concurso de postais de nadal, organizado polo centro. Parabéns!

 

Plan proxecta: "Apuntámonos a non beber"

Alumnos do 1º curso da ESO participan no programa para prevención do alcolismo "Apuntámonos a non beber". Preme na imaxe para acceder ás fotografías da actividade.

Distribuir contido


by Dr. Radut