Skip to Content

            

    

 

 

Admisión

Prazo de admisión de alumnado para o curso 2024/2025

Dende o venres 1 de marzo e ata o mércores 20 de marzo, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso nos estudos de ESO e Bacharelato.

Este procedemento está aberto a aquel alumnado que non está matriculado no centro e polo tanto non ten reserva de praza.

ENLACE ao aplicativo.

 

Reserva de praza para o curso 2024/2025

Infórmase que todas as solicitudes de reserva de praza para o vindeiro curso 2024/2025 no 1º curso da ESO foron admitidas.

A listaxe completa pode consultarse no taboleiro de anuncios da secretaría do instituto.

Admisión na FP para o curso 2023/2024

A presente información é para o alumnado que pretenda matricularse no primeiro curso dalgunha das especialidades de FP. 

Toda a información sobre o proceso de admisión e os prazos establecidos atópase na WEB da Consellería de Educación.

O alumnado que se vai matricular no segundo curso debe acceder a este ENLACE.

 

Matrícula no 2º curso dos ciclos medio e superior de FP 2023/2024

Adxúntanse instrucións e modelo de solicitude para a matrícula do 2º curso ordinario para o alumnado de ciclo medio e superior que cursara 1º no centro: 

  • Instrucións de matrícula. ENLACE.
  • Modelo de solicitude. ENLACE.

Matrícula para ESO e Bacharelato, curso 2023/2024.

O prazo de matrícula para todo o alumnado de ESO e BACHARELATO será do 23 de xuño ao 7 de xullo, ámbolos dous días incluídos.

Para unha mellor atención pregamos que se respecten as datas marcadas no calendario para cada nivel educativo.

Nos arquivos adxuntos atoparán toda a información necesaria segundo o curso no que se vaia matricular o/a alumno/a.

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Distribuir contido


by Dr. Radut