Skip to Content

Erasmus +      Comedor             

Oferta educativa e matrícula

Matrícula para ESO e Bacharelato, curso 2020/2021.

O período oficial de matrícula para o alumnado que promociona de curso abrangue dende o 1 ao 10 de xullo. 

Non é preciso acudir ao centro xa que se fará cos datos de elección de itinerario que xa foron enviados polo alumnado.

No caso de que algún alumno/a queira modificar a elección que fixo das materias do itinerario ten ata o día 10 de xullo para facelo. Non se fará ningún cambio en datas posteriores a esa.

Unha vez iniciado o curso, e na primeira semana de clase, será obrigatorio presentar a seguinte documentación:

  • 1 fotografía tamaño carné para aqueles alumnos que permanecen no centro ou 2 fotografías no caso de alumnado de nova incorporación.
  • Solicitude de uso do comedor se é o caso.
  • Solicitude de uso do transporte escolar se é o caso.

Transporte ESO         Transporte BACH e FP

  • Consentimento informado do tratamento da imaxe persoal.
  • Documento de autorización de acompañantes para a saída do centro de alumnado menor de idade.
  • Xustificante de pago do seguro escolar (Para o alumnado a partir de 3º da ESO), 1’12 € a ingresar na seguinte conta bancaria:

ABANCA      ES84 2080 0410 9030 4000 2246

O pagamento pode realizarse dende agora en calquera momento e cómpre conservar o xustificante de pago para entregalo no mes de setembro no centro.

O resto de documentos necesarios seranlle entregados ao alumnado no momento en que se incorporen ás clases. Sen embargo poden ser descargados dende esta páxina e impresos na casa para maior comodidade.

Matrícula no 2º curso dos ciclos medio e superior de FP 2020/2021

Matrícula do 2º curso ordinario para o alumnado de ciclo medio e superior que cursara 1º no centro: 

  • Entre os días 25 de xuño e 8 de xullo cubrir e asinar o impreso adxunto e remitir por correo ao centro: ies.cidade.antioquia@edu.xunta.gal 
  • Entre os días 1 e 8 de setembro traer o xustificante de pago das taxas do seguro e unha fotografía.
  • Nº de conta para o seguro escolar (1'12 €)

ES84 2080 0410 9030 4000 2246

Admisión e matrícula FP 2020/2021

Achégase información relevante sobre o proceso de admisión e matrícula nos ciclos de FP que se ofertan no centro, tanto polo réxime ordinario como na nova FP Dual. Premer nos enlaces para acceder á información.

Máis información na sección de FP da web da consellería

Video de axuda para facer unha solicitude de admisión

Calendario de inicio de clases para o curso 2019/2020.

Preme no icono para acceder ao calendario de inicio de curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut