O Consello Escolar do IES de Chapela, reunido en sesión extraordinaria do 24 de outubro, apoia a loita dos veciños e veciñas de Redondela contra a apertura dunha casa de apostas na vila redondelá. Nun país onde a ludopatía crece da man da proliferación das salas de apostas, manifestámonos en contra desta lacra deseñada para crear adición e beneficiarse a costa dos sectores máis vulnerables da sociedade. Desde o noso centro educativo, como responsables da educación dos máis novos e das máis novas, avogamos porque non se normalice o xogo e as apostas na vida diaria da mocidade, e defendemos un ocio de calidade non baseado no lucro e no consumo. Por iso, xunto a veciñanza do noso concello, berramos FÓRA AS CASAS DE APOSTAS DE REDONDELA.