Novas

Recollida de Títulos

O alumnado que rematou os seus estudos de 4º ESO no ano 2021 pode recoller o seu título na secretaría do centro identificándose co seu DNI.

 

Así mesmo, tamén pode recoller o seu título o alumnado que fixo o pago de taxas para a expedición do título no ano 2021 dos seguintes estudos:

- Bacharelato

- CM APSD

- CM Farmacia e Parafarmacia

- CS Documentación e Administración sanitaria

- CS Educación Infantil

- CS Integración Social

Libros de texto Curso 2022-23

ESO: O centro dispón de  libros de texto correspondentes a doazóns das familias e ao anterior Fondo de Libros que poderá prestar ao alumnado que o precise. Recoméndase esperar a setembro e falar co profesorado de cada materia para ver a dispoñibilidade.

Os cadernos de música, debuxo e francés son individuais e non reutilizables, por iso todo o alumnado que curse estas materias debe mercalo.

 

Pica no curso para descargar as listas de libros correspondentes a cada nivel. 

 

1º ESO    2º ESO     ESO    4º ESO

 

Bacharelato    2º Bacharelato

3ª Semana da Diversidade - 2022

 

Rematando o curso celebramos no IES Chapela a 3ª Semana da Diversidade, coa que demostramos unha vez máis que somos un centro inclusivo, que defende e loita pola liberdade das persoas e a diversidade sexual. Cada día, nos segundos recreos, a Brigada Violeta organizou unha iniciativa diferente co fin de visibilizar e apoiar a diversidade: izamos a bandeira LGTBI, creouse un mural colectivo, repartíronse pulseiras, engadimos unha frase no noso banco da diversidade e ata se realizou unha performance.

Só un mundo diverso poderá ser un mundo libre, e nós sempre estaremos de lado da liberdade. 

Fondo de Libros de Texto e Axudas Material Escolar

O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 50 €) cando reúnan os requisitos establecidos na Orde do 29 de abril de 2022.

 

Información resumida da Orde do 29 de abril de 2022 - IES de Chapela

 

Orde do 29 de abril de 2022 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Enlace con máis información á paxina da consellería

Enlace á aplicación para descargar os formularios Anexo I  Anexo II

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

 

"Venres con Música" - Boyanka Kostova gañador

Despois de duros combates de aplausos durante os recreos dos venres, xa temos tema gañados dos VENRES CON MÚSICA: o videoclip Muinheira de interior de Boyanka Kostova.

 

 

CUARTOS DE FINAL

SEMIFINAIS

FINAL

 

Guadi Galego

Chea de Vida  (0 PUNTOS)

DakidarríaTerra

 

 

 

Boyanka kostova

Muinheira de interior 

Dakidarría

Terra   (3 PUNTOS)

 

Boyanka kostova

Muinheira de interior

Boyanka kostova

Muinheira de interior 

Sés

Como eu canto

 

The Skarnivals

Foliada Verdecente

Monoulious DOP

Veranito en Jalisia 

 

 

 

Monoulious DOP

Veranito en Jalisia 

Monoulious DOP

Veranito en Jalisia

 

A banda da Loba

Morra o conto

 SonDaRúa

Liberando mentes

SonDaRúa

Liberando mentes

Certame Literario Xela Arias - IES de Chapela

Proceso de ADMISIÓN de novo alumnado - ESO e Bacharelato

Restablecese o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN de alumnado en ESO e BACH. O prazo iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. Publicaranse as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido antes do 9 de xuño de 2020.

O procedemento para a presentación das solicitudes pode facerse de xeito telemático seguindo as instrucións que se detallan na seguinte páxina:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Tamén se poderán presentar solicitudes de xeito presencial no centro previa petición de cita a través do correo electrónico: ies.chapela@edu.xunta.gal No correo deberán indicar nome e número de teléfono para establecer contacto. A cita previa poderase concertar ademais a través do teléfono  do centro (886 110 610) en horario de 10:00 a 13:00. Preferiblemente este será tamén o horario de entrega de documentación. Acudirá un único adulto, sen acompañamento, respectando as distancias de seguridade e os protocolos que se indiquen. Prégase que nas instalacións do centro se porte mascarilla.

Estas medidas tómanse pola seguridade das traballadoras e traballadores do noso centro, e de toda a comunidade educativa. Moitas grazas.

Comunicado sobre o 3ª trimestre

Comunicado da ANPA Penisal do IES de Chapela / 2 de maio de 2020

Fomos namorare - As efémeras

A que fora profesor de galego no IES de Chapela hai dous cursos, Olga Nogueira, convídanos a escoitar o tema Fomos namorare do grupo As efémeras. Estes seis redondeláns que forman As efémeras íanse presentar ao vivo esta fin de semana. Xa non vai poder ser. Mais desde o confinamento nos mandan esta canción con letras apegadas á terra, música para cantar e bailar, sons para que sigamos mantendo acesa a chama do amor aínda que as circunstancias nos separen ou nolo compliquen. Grazas Olga por este agasallo!

Distribuir contido