Actos, Día de

Acto de benvida ao alumnado de 6º EP dos CEIPs - 2015

O 15 de xuño de 2015 recibimos a visita do alumnado de 6º EP ao IES CHAPELA [CEIP A. BÓVEDA, CEIP IGREXA E CEIP LAREDO].

Descarga a foto

Mural Castelao

O 12 de xuño de 2015 a comunidade educativa do IES Chapela rendeu homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao cunha lectura conxunta dun fragmento do Sempre en Galiza, unha actuación musical e a inauguración dun mural realizado polo alumnado do IES de Chapela. Foi organizado polo EDLG do IES.

Graduación 2º Bacharelato - 2015

Ao noso compañeiro JORGE BERDIÑAS.

 
Hai momentos na vida onde non sabemos o que dicir, e menos como sentirnos. Hoxe é un deles.
 
O pasado 5 de xaneiro, a noite de Reis, o noso compañeiro, amigo, profesor, Jorge Berdiñas, faleceu repentinamente. Fíxoo como era o seu costume, desfrutando a vida ata o último segundo.
 
Moitos serán os momentos nos que pasada esta amargura que agora vivimos, lembremos o seu sorriso, a súa tenrura, o seu espírito libre e alegre, a súa coherencia e o seu xeito de vivir sempre de fronte coas súas ideas.
 
Non tardaremos moito en facer unha acto de lembranza, á súa altura, do que vos informaremos no seu momento. E dicimos de lembranza, e non de despedida, porque Jorge nos acompañará a todos e todas os que o coñecemos, xa para sempre.
 
Contigo na memoria, JORGE.

 

Acto de lembranza martes 10 de Febreiro de 2015 ás 17:00 no Multiusos do Piñeiral do Crego

Día da discapacidade - 2014

Actividades desenvolvidas o  día 3/12/2014 co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

PDF Actividades

 

Organización: Olga Estraviz, Marta Pardavila, Elena Vázquez  e alumnado de 2º APSD.

Entidades participantes: Asociación Juan María (Nigrán), Down Vigo e Discade (Discapacidade e Defensa).

Agradecemento: a Teresa Dacuña pola súa colaboración cedendo ao alumnado de 4º ESO A.

Alumnado participante: 1º e 2º APSD (diúrno), 1º Educación Infantil (diúrno) e 4º ESO A.

Día dos Dereitos do neno

20 Novembro - Día dos Dereitos do Neno / OBRADOIROS no vestíbulo do IES

 

Os Obradoiros estiveron a cargo do alumnado de 2º de Educación Infantil.

  • Grupos participantes:

     3º ESO A, 3º ESO B, 1º ESO A e 1º Educación Infantil.

  • Colaboradores:

     Alicia, María, Cristina Garabatos e Begoña: cesión da súa hora de clase.

     Aldán e Miguel: preparación do sistema de audio.

     Moncho: impresión, plastificado, material.

A Ana

 

 

 

Este fin de semana [15/11/14] sorprendeunos a morte Ana, a educadora de InteRed que nos acompañou este inicio de curso nos talleres de Educación EmocionalAs profesoras e o alumnado que traballamos con ela nestes semanas, quedamos aturdidas e aturdidos, commocionados e tristes, e aínda así dispostas e dispostos a seguir explorando polas portas que ela nos comezou a abrir. Un pouquiño dela, o fío que nos tendeu, queda con nós. Grazas por todo Ana! A comunidade educativa do IES Chapela.

Día do coidador - 2014

Fotos das actividades realizadas polo alumnado de APSD no vestíbulo do IES, co gallo do día do coidador o pasado 5 de novembro.

Libros solidarios - 2014

As bibliotecas de Redondela impulsan unha campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade destinados a Cáritas Redondela.

Libros solidarios é o lema desta campaña de intercambio de libros por alimentos, na que participan as bibliotecas municipais, a biblioteca do Círculo Cultural  Recreativo de Chapela e as bibliotecas dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES  Chapela e Mendiño que son así mesmo os lugares de intercambio.

 
A campaña dará comezo o venres, 24 de outubro, por ser este o Día da Biblioteca, e rematará o 28 de novembro ou ata que se esgoten as existencias. A iniciativa está aberta a calquera cidadán que quera colaborar e, nos centros de ensino particularmente ás súas comunidades escolares, cambiando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene, tanto persoal como para o fogar, polos libros que encontrarán expostos nos distintos centros de intercambio. Os visitantes collerán o libro ou libros do seu interese e deixarán a cambio os produtos nos recipientes colocados para tal efecto.
 
Colaboradores : Biblioteca do CEIP San Salvador de Teis, Fundación Filomena Rivero Alonso e El Patito Editorial
 
Na foto, a presentación da campaña coa presencia das bibliotecarias dos centros participantes e dalgún dos colaboradores.
 

 

Presentación do videoclip TERRA no IES Mendiño (Redondela)

O venres 10 de outubro desprazámonos 7 membros do EDLG ata o IES Mendiño para presentar o videoclip TERRA en lingua de signos ao alumnado de 1º ESO e PDC.

Distribuir contido