Ed. Paz

Cidades Amigas da Infancia

 

O 22 de novembro de 2017 o IES de Chapela a través da alumna Carme Castro Viaño, e dos alumnos Rubén García Oliveira e Pablo Pérez Melón, participou nun pleno celebrado en Redondela, presidido polo Sr. Alcalde do Municipio, dentro do programa Cidades Amigas da Infancia. Dito programa quere contribuír a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais eficaces que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.

Outros centros como o CEIP Quintela, CEIP Igrexa, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Laredo, CEP Santa Mariña e institutos como o Illa de San Simón, participaron na xornada deste 22 de novembro. Son os primeiros pasos na elaboración dun futuro Plan da Infancia e Adolescencia que determinará as medidas prioritarias ou actuacións concretas que se porán en marcha os próximos anos.

O IES de Chapela, con Carme Castro como voceira, apostou por rexenerar espazos naturais e urbanos degradados, mellorar as instalacións deportivas e a comunicación dentro do Concello, facendo do lugar onde vivimos un espazo seguro, de convivencia, pensado para as súas cidadás e cidadáns.

Parabéns ao alumnado que nos representou e ao profesorado que apoiou a iniciativa.

O IES de Chapela co pobo saharaui

O IES de Chapela co pobo saharaui
A comunidade educativa recadou 1236,60 € para o programa Vacacións en Paz.

Desde o pasado 9 de maio o IES de Chapela está desenvolvendo unha campaña de sensibilización sobre as condicións de vida dos refuxiados saharauis que levan desde 1975 en campamentos en territorio alxerino e o seu dereito a regresar á súa terra, ocupada polo goberno de Marrocos. 

A campaña tamén ter por obxecto recadar fondos para o programa Vacacións en Paz, que organiza todos os anos a Asociación Galega de Amigos do Pobo Saharaui. Grazas a ese programa as nenas e nenos refuxiados entre 7 e 12 anos poden pasar dous meses do verán con familias galegas. Dese xeito evitan as altas temperaturas dos campamentos nesas datas (ata 50 ºC), acceden a revisións médicas e tratamentos (se os precisan) a través dun convenio co SERGAS e teñen contacto coa nosa cultura mentres aprenden as nosas linguas castelá e galega.       

O custo de manutención das nenas e nenos é asumido por cada familia acolledora, pero o custo da viaxe e seguro (890€ por cada nena/o) debe pagalo a Asociación grazas ás achegas dos Concellos e a campañas como a desenvolvida no IES de Chapela. 
En Chapela puxémonos como obxectivo que poida vir este verán unha nena ou un neno saharaui máis, para o que se precisarían 890€. Polo tanto acadamos con creces o obxectivo da campaña. Profesorado e alumnado voluntario do Ciclo de Integración Social percorreron as aulas de diurno e de nocturno para sensibilizar sobre esta situación.
  • Foto do alumnado de 4º ESO co reconto final de euros acadados
  • Vídeo realizado por unha alumna do Ciclo Superior de Educación Infantil que describe a historia e a situación actual do pobo saharaui

HOMMAGE PARIS

Día dos Dereitos do neno

20 Novembro - Día dos Dereitos do Neno / OBRADOIROS no vestíbulo do IES

 

Os Obradoiros estiveron a cargo do alumnado de 2º de Educación Infantil.

  • Grupos participantes:

     3º ESO A, 3º ESO B, 1º ESO A e 1º Educación Infantil.

  • Colaboradores:

     Alicia, María, Cristina Garabatos e Begoña: cesión da súa hora de clase.

     Aldán e Miguel: preparación do sistema de audio.

     Moncho: impresión, plastificado, material.

La vida loca

Documental La vida loca, sobre a Mara 18, e colateralmente, sobre a súa enconada rival, a Mara Salvatrucha, bandas creadas a partir de modelos xurdidos na cidade de Los Ángeles que sementan o terror no Salvador. Unha historia dunha imaxinaría contemporánea creada nun mundo globalizado e que describe as orixes dun dos probables mitos fundadores do crime organizado. Por último, como dato tráxico e arrepiante, o seu director, Christian Poveda, foi asasinado dun tiro na cabeza en setembro do 2009 por un membro das maras.

 

O sicario, habitación 164.

      Desde a habitación dun motel na fronteira entre Estados Unidos e México un asasino a soldo, experto na tortura e o secuestro, relátanos os seus 20 anos de vida ao servizo do narcotráfico. Durante anos o sicario foi comandante da policía estatal de Chihuahua. Mesmo recibiu un adestramento da FBI. O sicario asegura que membros da policía e do exército están ao servizo dos cárteles e chega a escenificar o modo en que torturou ao último dos seus secuestrados. O protagonista do documental vive como un fuxitivo e o prezo pola súa cabeza é de 250.000 dólares. [Fonte: Teledocumentales.com]

 

Obradoiro didáctico: o pobo saharahui

      O 20 de marzo de 2012 o alumnado de  1º, 2º ESO e PCPI asisitiu a unha charla impartida pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí co fin de coñecer a realidade do Sahara e participar na campaña solidaria de recollida de alimentos, produtos hixiénicos, roupa, lentes... Os grupos de 3º e 4º ESO asistiron á charla o venres 23. Aínda que as charlas se centraron na ESO e PCPI, a campaña de recollida de alimentos fíxose extensible a todo o centro, sendo importante o grao de achegas realizadas por parte de toda a comunidade educativa: persoal non docente, alumnado, profesorado, e pais e nais. A todas e a todos grazas por contribuir, e por compartir a idea de que outro mundo máis xusto e solidario é posible.

 

                                Web da ONG: http://www.sogaps.org/

                                Fotos da actividade

Unha mensaxe para toda a Humanidade.

        O noso compañeiro Abel Gil, propúxonos subir este documento para activar as nosas conciencias e comprender a necesidade de derrubar barreiras nacionais, eliminar a ambición, o odio e  a intolerancia. Todos e todas podemos contribuír a crear un mundo mellor onde a vida, esa marabillosa aventura, pague a pena vivila.


Texto en galego                                         Texto en Castelán    
                                         

Traballo coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui - 2012

Terremoto en Haití.

Distribuir contido