Actividades 2023/2024

Exposición sobre o humor na obra de Carlos Casares

Durante o mes de abril contamos coa exposición Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares. Este traballo pretende, por unha parte, botar algo de luz sobre os distintos aspectos do humor tratando de responder preguntas de enorme interese: Que é o humor? Onde nace? Como é o humor noutras culturas? Cantos tipos de humor existen? Para que serve? Cal é a historia do humor en Galicia?

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición sobre o humor. Carlos Casares

Obradoiros de regueifa

O venres 5 e 19 de abril, o alumnado de 1ESO A, 1ESO C e mais o grupo de alumnado de regueifas participaron nuns obradoiros impartidos polos grandes regueifeiros Pinto d’ Herbón e Luís o Caruncho. Estes obradoiros lévanse a cabo grazas á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e finalmente frutificaron o venres 26, cando 14 regueifeiros e regueifeiras seleccionades nos obradoiros representaron o IES Castelao no Auditorio do CVC Valadares no Certame Escolar de Regueifas de Vigo. O resto do alumnado estará animando e desfrutando desde o público.

 

Exposición Cultura Financeira

O alumnado de 3º da ESO, dentro da materia de Cultura financeira, analizou cada unha das distintas etapas da nosa vida financeira, realizando unha exposición no recibidor do centro.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición Cultura Financeira

Enreguéifate 2024

O equipo de regueifas do noso instituto participou por segundo ano consecutivo no concurso enreguéifate, onde se promociona a difusión audiovisual da improvisación oral en verso a nivel xeral e escolar, sobre todo. Para iso fomos gravar o noso vídeo á praia da Etea, en Teis, xa que a nosa regueifa reivindicativa falaba dos pellets nas praias. Aquí vos deixamos o resultado.

Viva a regueifa!

 

 

Gañadores do concurso de microrrelatos a partir de títulos de libros

Hoxe fixémoslles entrega dos premios aos gañadores do concurso de microrrelatos a partir de títulos de libros. 
Os gañadores da categoría 1º a 3º da ESO foron: Dylan Simões Rúa (1º ESO C) e Aurora Iglesias Gaspar (2º ESO C). A decisión foi ex aequo logo de deliberar o xurado e entender que ambas as composicións eran merecentes de recoñecemento. 
Na categoría de 4º da ESO a 2º de BACH a gañadora resultou ser Mencía Jorge Cabaleiro (2º BACH E). A nosa prometedora escritora fíxose con este galardón al presentar un texto ben orixinal. 
Parabéns aos tres! Seguide lendo e escribindo moito e ben! 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Gañadores do concurso de microrrelatos a partir de títulos de libros

Charla EduEmprende

Dentro do programa EduEmprende, “Preparados para o salto”, Carlota Sánchez-Moaña Puga expúxonos cara a onde se dirixe a nova economía. Falounos das innovacións, da IA, da globalización e da sustentabilidade facéndonos reflexionar sobre o papel que queremos xogar na nova organización.

Científic@s en prácticas

Nesta segunda etapa do programa Científic@s en prácticas visitamos o IIE (Instituto de investigación de Mariñas). En concreto, achegámonos ao grupo de investigación de fotobioloxía e toxinoloxía.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Cientific@s en prácticas no IIM

Regueifesta 2024

Este venres, alumnado de 1º ESO e 3º ESO acudiu ao XIV Certame Escolar de Regueifas do Concello de Vigo conducido polos inefables Pinto d’Herbón e Luís o Caruncho. En Valadares vivimos unha xornada festiva ben agradable, compartindo improvisación e enxeño con outros centros de Vigo. Todo o noso alumnado estivo xenial, e destacando, tivemos un alumno que pasou entre os 20 mellores, Gabriel Marcos García e outro, que quedou entre os catro finalista do certame, que foron os catro gañadores, Nicolás Rodríguez Barrio.

Parabéns rapaces!!!

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Regueifesta 2024

Lecturas polo Día do libro, alumnado de 2º de bacharelato

Rematamos esta semana dedicada ao Día do Libro cunhas lecturas abertas do alumnado de 2º de Bacharelato.

Xunto coas súas profesoras de Lengua castellana y literatura, seleccionaron fragmentos das obras de lectura que lles entran nas probas ABAU.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Lecturas polo Día do libro 2º de Bach

Visita a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio

O alumnado de 1º de bacharelato, 4º ESO PDC e Club de lectura tivo unha xornada moi especial neste 25 de abril. Acudiron ata Celanova, o que significou a décima visita do instituto.

A saída comezou coñecendo a vila de Vilanova dos Infantes, descubrindo a súa historia a través da Torre da Homenaxe, a virxe do Cristal e o museo dos zapateiros.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Saída a Celanova, terra de Curros e Celso Emilio
Distribuir contido