Actividades 2023/2024

Cinta Adhesiva visita o IES Castelao

Co gallo do día da muller, o xoves sete, tivemos a oportunidade de desfrutar da poesía e música de Cinta Adhesiva. Letras comprometidas e de gran calidade poética cunha posta en escena entre sombras e cores. Grazas por compartir con nós este traballo tan cheo de forza e matices!

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Espectáculo con Cinta Adhesiva

Exposición Mulleres Inventoras

O alumnado de 3º ESO PDC elaborou unha exposición arredor de Mulleres Inventoras que está no recibidor do insitituto con motivo do 8m, Día Internacional da muller. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Exposición mulleres inventoras

Hora de ler - 8m

Dende a Biblioteca Ramiro Fonte sumámenos á conmemoración do 8m, Día Internacional da muller. 

Por iso propomos, para a hora de ler do xoves 7 de marzo (durante a 5ª sesión), unha escolma de textos narrativos, poéticos e xornalísticos que abordan este día dende diferentes perspectivas. Ademais, achegamos unha actividade máis lúdica para poñerlles cara a importantes mulleres da historia. 

 

Teatro na Sala Ártika - Monstros (1º ESO)

Este martes o alumnado de 1° ESO desfrutou do teatro acudindo á representación da obra "Monstros", no teatro Ártika. Con música en directo de Piti Sanz, guión de María Lado e Lucía Aldao, dirección de Marcos Orsi e un elenco de primeira, o noso alumnado aprendeu a enfrontarse aos seus medos interiores dunha maneira lúdica e divertida. Ou acaso o posible monstro é tan diferente de nós?

Por moitas xornadas coma esta. Viva o teatro!

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Teatro Ártika - Monstros (1º ESO)

Excursión á neve, grupo Leitariegos - 3º da ESO

Fantástica experiencia a vivida polo grupo de 3º da ESO que foi practicar esquí a Leitariegos. Cinco días cheos de aventuras, caídas, risas, amizades e moita, moita neve.
Acompañados de Yolanda e Marco, así como dos monitores de Ayuko, a rapazada puido desfrutar deste deporte nun entorno inigualable.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Excusión neve - Leitariegos 3º ESO

Visita de Natalia Ibáñez

Co gallo da semana de actos que vén desenvolvendo o equipo de igualdade arredor do 8-M, visitounos a Natalia Ibáñez. Esta psicóloga ten participado en proxectos de desenvolvemento de zonas deprimidas e coa prostitución para falarnos desta problemática e da súa relación coa pornografía.

Teatro en francés

O alumnado de francés da ESO e do Bacharelato foron ao teatro para ver a obra “Les trois mousquetaires” da compañía BHM. Pasárono moi ben e mesmo participar e puxeron a proba o seu talento!



O Grupo de Igualdade expón o seu labor nas Xornadas da muller

As nosas profesoras Chus Suárez, Chus Ferrín e Silvia Iglesias participaron nas XXI Xornadas da muller cunha conferencia (Como levar o feminismo ás aulas), que sintentiza o seu estupendo labor co Grupo de Igualdade do IES, Estela Morada

O alumnado de 1º da ESO participa en Ligamats

Alumnado de 1º da ESO participou nas probas de Ligamats que se desenvolven na Escola Rosalía de Castro. Tiveron que resolver problemas de tangram, pentominos, cubo soma e un problema de lóxica que fixeron en grupo para atopar a solución entre todos xuntos.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Ligamats 2024

Club de lectura de adultos: As alumnas, de Paula Carballeira

O club de lectura de adultos, A pé de obra, volveuse reunir, desta volta, para comentar o libro As alumnas de Paula Carballeira.



A obra, Premio Nacional de Teatro 2023, foi obxecto de debate polo noso profesorado. Profundaron na historia de María Barbeito e compartiron experiencias vividas ao longo das súas traxectorias.

Distribuir contido