No IES Castelao temos moita canteira de escritores. Co gallo das Letras Galegas, celebramos o II Certame literario As letras do Castelao. En homenaxe á autora deste ano, Luísa Villalta, as composicións foron poéticas e de temática libre.
Os alumnos de 2º bacharelato, materia de Empresa e modelo de diseño de negocio utilizaron a ferramenta de resolución de problemas”Desing Thinking”, aplicándoa a problemas que eles detectaron no seu entorno.
Aquí vémolos expoñendo utilizando as técnicas de “elevator pitc” e stoerytelling.
PROBAS ABAU E ACCESO Á UNIVERSIDADE 2024
Este ano homenaxéase o 17 de Maio a Luísa Villalta. Para quen queira achegarse á súa figura ofrecemos aquí algúns recursos para usardes nesta Hora de Ler da semana das Letras Galegas.
Contamos cunha biografía musicada que comparte o CEIP Chans-Bembrive ou o seu poema "Estación" musicado por Sandra Tenreiro ou César Morán.
Tamén podemos afondar nalgún dos seus poemas da man de Xosé Mª Álvarez Cáccamo (xúntase abaixo PDF).
A Real Academia Galega fornece, amais da biografía recollida no primeiro enlace, moitas novas e vídeos sobre a autora, algúns moi breves e ilustrativos da súa vertente literaria e musical (Palabra de muller, 2'09'').
Máis lúdico, do equipo Bibliocuntis envían un xogo de versos e imaxes para emparellar do seu poemario Papagaio, que tamén xuntamos abaixo en PDF.
E non esquezades desfrutar da magnífica exposición que hai no vestíbulo con traballos do alumnado de Plástica sobre textos de Luísa Villalta.
Felices Letras Galegas !
O alumnado de 4º da ESO da materia de Educación plástica e visual, xunto co alumnado de 1º de Bacharelato de Debuxo artístico elaborou esta exposición de poesía ilustrada arredor da autora homenaxeada nas letras galegas 2024, Luísa Villalta.
O noso alumnado de 1º da ESO asistiu á xornada de Galicia para descubrir interesantes proxectos nesta feira de innovación científica. Dirixíronse ata Ourense onde coincidiron con compañeiros do propio centro que estaban nun posto explicando o seu traballo.
O alumnado de 3° PDC estivo traballando estes días sobre a figura de Goya e a súa obra dentro do proxecto interdisciplinar da biblioteca ESCRIBIR CON ARTE.
Investigaron sobre as técnicas, os motivos e a traxectoria do artista. Como mostra do seu estudo fixeron as cartelas informativas dunha escolma da gran obra do pintor aragonés.
O alumnado de 4º de ESO ven traballando ao longo do curso o seu desenvolvemento persoal, intelectual, afectivo e lingüístico na área de lingua castelá coa profesora Ainhoa:
“Mi corazón en una caja de zapatos”
“Almendra”
“Amarilla”
A través da mirada de distintos personaxes literarios afondan no autocoñecemento, as emocións, a autosuperación persoal e os valores sociais.
O vernes 19 visitounos David Catá, artista plástico e músico. Primeiro tivemos unha presentación da súa obra e o seu proceso creativo. Máis tarde, co alumnado de Debuxo Artístico, realizou un taller onde mesturou pintura e fotografía. Encantounos a súa obra marcada por unha forte base conceptual e valor estético.
Alén diso, a súa proximidade e calidez serviu de alento para animar o alumnado na difícil tarefa que é vivir do arte. Esperamos que volvas visitarnos pronto, David.
O 3 de abril fomos convidados o equipo regueifeiro do Castelao á gala Regueifesta, que se celebrou no Teatro Principal en Santiago de Compostela. Nesta, entregáronse os premios do certame Enreguéifate, ademais de diversas actuacións de improvisación oral como regueifas ou hip hop. Ademais de acudir á gala, visitamos o Museo do Pobo Galego e a Cidade da Cultura, onde participaron nunha exposición de realidade virtual, o Galiverso. Foi un día ben completo.