II Certame literario: As letras do Castelao

No IES Castelao temos moita canteira de escritores. Co gallo das Letras Galegas, celebramos o II Certame literario As letras do Castelao. En homenaxe á autora deste ano, Luísa Villalta, as composicións foron poéticas e de temática libre. 

O concurso tivo tres fases. Na primeira seleccionaron nas clases os mellores versos que pasaron a ser recitados diante dun xurado. Finalmente, a entrega de premios fíxose diante do público no acto Festival das Letras Galegas. Recitando a Luísa Villalta. 


Achegamos a acta do xurado. 

Parabéns aos premiados!

 

 

Reunido o xurado, (composto por Sara Alonso, Carme Nogueira e Suso Martínez), para valorar os textos presentados ao certame literario As Letras do Castelao do ano 2024, despois dunha longuísima deliberación, dediciu outorgar os seguintes premios: 

 

- Na categoría de 1º e 2º da ESO:

"O mar bonito e azul" de Bianca Salinas Marcos, de 1º ESO B

- Na categoría de 3º e 4º da ESO:

 

"Nos acordes da adolescencia" de Jorge Valiño Albizúa, de 3º ESO C

- Na categoría de 1º de bacharelato diúrno:

 

"Esperanza" de Noel Pardo García, de 1º Bacharelato B

- Na categoría de alumnado de adultos:

 

"Refuxio da alma" de Jorge Sueiro

 

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> II Concurso as Letras do Castelao