Obradoiros de regueifa

O venres 5 e 19 de abril, o alumnado de 1ESO A, 1ESO C e mais o grupo de alumnado de regueifas participaron nuns obradoiros impartidos polos grandes regueifeiros Pinto d’ Herbón e Luís o Caruncho. Estes obradoiros lévanse a cabo grazas á Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e finalmente frutificaron o venres 26, cando 14 regueifeiros e regueifeiras seleccionades nos obradoiros representaron o IES Castelao no Auditorio do CVC Valadares no Certame Escolar de Regueifas de Vigo. O resto do alumnado estará animando e desfrutando desde o público.