Departamento de Tecnoloxía
PRIMEIRO PREMIO
Enviado por Anónimo o Dom, 24/06/2018 - 12:59Eirena Souto Pazó, de 1º ESO A, gaña o primeiro premio no certame “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”, co seu videoxogo "O entroido en Europa".
Noraboa, Eirena!
TICNÓLOGAS
Enviado por Anónimo o Mér, 06/06/2018 - 09:48Mulleres emprendedoras nas TIC. Traballos realizados polo alumnado de 1ºB de Bacharelato
IV COMPETICIÓN DE ROBOTS
Enviado por luz o Mér, 02/05/2018 - 17:24O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do ámbito científico- tecnolóxico participa un ano máis na IV Competición de robots convocada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Este curso a a competición celébrase durante a mañán do vindeiro 4 de maio e participan dous equipos de 4º de ESO de dous de 1º de Bacharelato entre un total de 183 equipos participantes.
DÍA INTERNACIONAL DAS RAPAZAS NAS TIC
Enviado por Anónimo o Lun, 23/04/2018 - 18:58O grupo de 1º de ESO A participa no Día Internacional das Rapazas nas TIC o xoves, 26 de abril de 11:00 a 12:30.
A actividade consiste nun coloquio virtual con varias mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, das que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria e primaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.
A actividade enmárcase no Plan Proxecta "Rapazas emprendedoras nas TIC" no que participa o centro desde o curso pasado e está organizada pola aula e-learning do CESGA.
WISIBILÍZALAS
Enviado por Anónimo o Lun, 15/01/2018 - 19:41Alumnado de TIC I e TIC II de 1º e 2º de Bacharelato coa colaboración do alumnado de EPVA de 4º de ESO participa na 2ª edición de Wisibilízalas, unha convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
- Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
- Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía
A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas e latinoamericanas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.
O alumnado participa con tres propostas de páxinas web:
"Mujeres TIC gallegas en la educación": Web na que se visibiliza o papel de catro mulleres que pertencen a diferentes ámbitos da educación (universidade, primaria, secundaria, formación e innovación) e que desenvolven proxectos relacionados coas TIC.
"Wisibilízalas: Mulleres galegas": Web creada en html5, con recursos gráficos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO, na que se da a coñecer a mulleres referentes nas TIC en Galicia que desenvolven a súa actividade profesional na universidade, na investigación ou na empresa.
"Mujeressteam": Web na que se destaca o perfil de seis mulleres españolas e latinoamericanas relacionadas con áreas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas). Na web foron empregados fondos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO.
Dende o IES de Brión, queremos expresar o noso agradecemento a todas as mulleres que colaboraron neste proxecto.
VISITA AO CITIUS
Enviado por luz o Xov, 11/01/2018 - 12:10O alumnado de TIC I e TIC II de Bacharelato visita o venres 12 de xaneiro o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información
DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017
Enviado por Anónimo o Mér, 10/05/2017 - 01:28O pasado sábado 6 de maio o instituto foi convidado a participar pola rede de clubs de Ciencias Glu-on ao Día da Ciencia na Rúa celebrado no parque de Santa Margarita en A Coruña e organizado pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Na jaima de Glu-on presentáronse proxectos tecnolóxicos de Ferrol, Ortigueira, Valdoviño, Vigo e Brión.
Unha representación do alumnado da modalidade científico-tecnolóxica de 1º de Bacharelato do centro expuxeron ao longo de toda a xornada, a unha grande afluencia de público, algúns dos proxectos nos que están a traballar durante este curso: Interpretación virtual interactiva e deseño e modificación de robots.
Día da Ciencia na Rúa na prensa:
La voz de Galicia: "Cientos de estudiantes participan en el día de la Ciencia en la calle"
La opinión: "A Coruña rinde homenaje a la investigación científica"
El ideal gallego: "El día de la Ciencia en la calle se celebrará con 50 jaimas"
Microsiervos: "XXII Día de la Ciencia en la calle"
O IES DE BRIÓN NA III COMPETICIÓN DE ROBOTS DA EEI DE VIGO
Enviado por Anónimo o Ven, 28/04/2017 - 23:48Éxito do alumnado do IES de Brión na III competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, que contou con máis de 800 participantes e 160 equipos nesta edición.
Os equipos de 4º de ESO "Brión 3", "Brión 4" e "Brión 5" foron clasificados nos respectivos tapices para a final, quedando entre os 12 primeiros na rolda clasificatoria, preparándose para competir nunha reñidísima final na que acadaron os 2º, 1º e 4º postos, respectivamente.
Os equipos de 1º de Bacharelato "Brión 1" e "Brión2" tiveron unha excelente participación, clasificándose "Brión 2" para a final.
Parabéns ao alumnado polo traballo realizado e por compartilo!
Prensa:
Código Cero: A Competición de Robots reuniu a máis de 800 mozas e mozos na Escola de Enxeñería Industrial
La Voz de Galicia: Ochocientos estudiantes gallegos compiten en Vigo con sus robots
Praza: Wall-E e R2D2:Estudantes de toda Galicia poñen a proba os seus robots en Vigo
Atlántico: 800 escolares de toda Galicia llevan sus robots al campús
DUVI: Os androides máis creativos mediron as súas forzas no campus
WISIBILÍZALAS
Enviado por admin o Ven, 09/12/2016 - 16:20Alumnado das materias de TIC I de 1º de Bacharelato e Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º de ESO participa en Wisibilízalas, unha convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
- Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
- Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía
A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.
Podemos visualizar as propostas creadas polo alumnado premendo nas imaxes:
O IES DE BRIÓN PRESENTE EN PITEAS
Enviado por admin o Lun, 23/05/2016 - 23:30
Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo do IES de Brión foron invitados a participar na xornada de presentación de boas prácticas educativas incluída no Programa de Formación e Mentoring para o Desenvolvemento do Talento, PITEAS, promovido pola Fundación Barrié, a Consellería de Cultura, Educación e O. U. e a Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.
Os alumnos Lois Meira e Christian Capeáns foron os encargados de presentar o pasado sábado 21 de maio na sede da Fundación Barrié na cidade de Vigo, unha serie de proxectos tecnolóxicos interdisciplinares realizados estes dous últimos anos nas materias que imparten estes departamentos, e que este curso se organizan en torno ao Contrato-programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia asinado polo centro coa Consellería de Cultura, Educación e O. U.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »