Evitar navegación.
Principal

AULAS DE APOIO 1 e 2

Benvida á sección da AULA DE APOIO do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo

Neste curso 2023-24 contamos con 2 especialistas en PT (Pedagoxía Terapéutica) para atendelas, ^unha delas a tempo parcial, compartindo centro co CEIP Ría do Burgo

*Mª Carmen Otero Sánchez,      marioterosanchez@edu.xunta.es      ptcarmen@iesblancoamor.com      AULA VIRTUAL       CLASSROOM

*Sara Rodríguez Cortés (Prof.Substituta),  sararodriguezcortes@edu.xunta.gal

^Nerea García Bugallo,     nerea.garciab@edu.xunta.gal       nereagarcia@iesblancoamor.com

  

^Como en anos anteriores, tiñamos solicitada de finais de curso á Administración, a maiores da praza definitiva, outra persoa de PT a tempo completo para poder atender as grandes necesidades de apoio educativo que se nos presentaban;  botamos andar sen persoal suficiente!!

O nome de PT vén dun antigo curso de formación, denominado “Pedagoxía Terapéutica”, que recibían as/os mestras que  prestaban apoio a alumnos con dificultades de aprendizaxe, cando aínda non se crearan as especialidades universitarias ao efecto. Iso somos as/os PT: profesoras integrantes do Departamento de Orientación que, entre outras cousas, axudamos aos alumnos con necesidades educativas especiais ou específicas de apoio educativo (ACNEE/ACNEAE) a alcanzar os obxectivos curriculares mínimos e a integrarse socialmente no ámbito escolar. Tratando de dar resposta axeitada á diversidade de capacidades, motivacións, situacións socio-familiares, etc; desde o Dep. de Orientación e as aulas de PT, vemos de conectar, cos intereses do noso alumnado e os contidos que se estean a traballar na aula ordinaria, procurando que desenvolvan estratexias e habilidades para a súa asimilación e xeneralización a contextos diversos, especialmente no marco das competencias clave e as TIC.Tamén establecemos canles de colaboración co profesorado, familias e outras institucións para coordinar, afianzar e/ou xeneralizar os apoios e elaborar, cando é preciso, Adaptacións Curriculares Individualizadas (ACI).

 

 Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2023-24

 

MODELO AXENDA ESCOLAR, editable

Neste enlace, podes acceder a un modelo de axenda escolar editable,

facilitado pola asociación ANHIDA

Visita ao Castro de Elviña

Na terceira semana de abril, acompañamos ao alumnado de 1º ESO B,C,D,E a coñecer o Castro de Elviña, nunha visita moi interesante monitorizada desde o Concello da Coruña.

 

 

"CLASES SEN FUME"

En marzo, acompañamos tamén nalgunha das charlas impartidas en 1ºESO para a prevención do tabaquismo, dentro do programa da Consellería de Sanidade: "Clases sen fume"

8M

En conmemoración desta data, acompañamos ao alumnado de 1ºESO na charla impartida na biblioteca

por antigas profesoras de matemáticas deste instituto,

en torno á vida e figura da matemática María Wonenburger, que da nome á nosa biblioteca.

8M8M

 

FEBREIRO 

Neste mes da Candeloria, entre outras cousas. celebramos tamén no instituto: O Entroido, o Día de Rosalía, e contamos asimesmo coa presencia da policía para falarlle ao alumnado dos perigos das Novas Tecnoloxías.

Outras actividades de febreiro

 

DÍA DO AMOR, POLA CANDELORIA

Cartas de Amor pola CandeloríaCartas de Amor pola Candeloría

 

 

Saídas de Nadal

O 20 e 21 de decembro participamos nas saídas organizadas para conmemorar o Nadal ao remate do trimestre. O mércores, ao "Nadal de Cine" no centro comercial Marineda con 1º e 2º ESO. O xoves, a Servicios Múltiples do Burgo con 1º ESO, a disfrutar cos maiores do Centro de Día dunhas pezas de teatro e coreografías representadas por parte deste alumnado.

 

 


 

Xornada de Convivencia 1º ESO

O luns 25-9-23, participamos nesta alegre Xornada de Convivencia entre o novo alumnado do noso centro. Celebrouse no parque de Acea da Ma, desde mediodía ata a tarde, e contamos coa colaboración do Concello no desenvolvemento das actividades.

 

 

 

 

 Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2022-23*

Neste curso 22-23, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas, unha delas a tempo parcial compartindo centro co CEIP RÍA DO BURGO

Mª Carmen Otero, marioterosanchez@edu.xunta.es  / Carolina Rouco Vázquez,  carolinarouco@edu.xunta.gal 

*O apoio noso a ANEAE, pasou a ser maioritariamente dentro das aulas ordinarias; so mantivemos activa unha das 2 aulas de Apoio que viñamos usando, para atender individual ou grupalmente a algún ACNEE. Por esta razón, apenas deseñamos actividades propias ou comunitarias para as distintas conmemoracións interdisciplinares do centro.

 

 

ACUAPARK CERCEDA

O luns 19 de xuño, acompañamos a 1º de ESO ao acuapark de Cerceda. Foron a maior parte dos alumnos; o día non axudou moito, pero disfrutaron en grande da convivencia!

 

 

 

FALADOIROS 

FALADOIROS

 

 

 

 

APADRIÑAMENTO LECTOR.

En abril, participamos coa nosa bilbioteca nas 3 xornadas de apadriñamento lector co alumnado de Educación Infantil do CEIP Ría do Burgo.

Foi unha experiencia extraordinaria!!!

http://biblioeba.blogspot.com/2023/05/apadrinamento-lector.html

 

 

DÍA DO AMOR, POLA CANDELORIA E O SAN VALENTÍN

 

Composición creada cos murais elaborados polo alumnado de 3º ESO no programa QUÉROTE +

 

 

Candeloria 2023. Carta ao alumnado

 

 

 

 

 Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2021-22

Neste curso 21-22, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas, unha delas a tempo parcial compartindo centro co IES REGO DE TRABE

Mª Carmen Otero, marioterosanchez@edu.xunta.es  / Aurora Barba, aurora.bg@edu.xunta.gal

 

 

 SAÍDA FIN DE CURSO, ACTIVIDADE CEIDA

Acompañamos ao alumnado dalgúns cursos de 1º ESO a esta interesante actividade ecoloxista, organizada en colaboración co Concello de Oleiros. FELICES VACACIÓNS A TOD@S!!!

Actividade CEIDA en Sta.Cristina

 

LETRAS GALEGAS 2022

Baixo o lema "Letras Galegas de Cores; menos prexuizos e máis prefixos" abordamos nesta ocasión a festividade das nosas letras. Tratamos desde o centro, de dar visibilidade aos novos termos asociados á diversidade sexual e de xénero, fomentando o seu coñecemento; así como o  respecto e aceptación da variedade de persoas con eles identificadas.

 

LETRAS A CORES

 

 

VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA

Compartimos esta "viaxe ao pasado" de 1º ESO, organizada polo Dep. de Xeografía e Historia. Castrexos e romanos, fiando nas orixes do que agora somos!!

Visita ao Castro de Elviña

 

TEATRALÍZATE

En torno ao Día mundial do Teatro, acompañamos ao alumnado de 3ºESO, ao Auditorio de Servicios Múltiples do Burgo, a esta didáctica experiencia teatral do grupo Elefante Elegante, coa súa obra "Alma de Tigre"

 

 

 21M. Neste Día internacional da Poesía, no comezo da primavera, visitounos a poeta cullerdense Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019. Un pracer e unha honra tela entre nós!

Día da Poesía e da Síndrome de Down 2022

 

ROTEIRO INTERDISCIPLINAR POLA RÍA DO BURGO

Acompañamos ao alumnado de 1ºESO nesta interesante actividade Interdisciplinar integrante dun amplo Proxecto que iniciamos este curso, con previsión de continuidade nos seguintes.

A actividade "Roteiro polo Burgo" consistiu en visitar as igrexas do Burgo, ver a importancia do núcleo urbano medieval e reserva da bioesfera, con diferentes paradas que conformaron o roteiro. Participaron, de maneira interdisciplinar o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Educación Física e Inglés.

8M

Reflexionamos sobre o papel da muller a través dos contos clásicos e artigos de prensa nos que elas son protagonistas; sen perder de vista os actuais e variados conceptos de xénero.

 

 

Día de Rosalía, polo Entroido!!

Baixo o lema "Sementade Pensamentos" proposto pola AELG para este ano, limos e escribimos poemas de Rosalía de Castro na súa honra; ao tempo que nos preparabamos para celebrar tamén o Entroido.

 

día de Rosalía 2022

 

 30 de xaneiro, Día da Paz. Nesta ocasión, unímonos á música das Tanxugueiras para conmemorar esta data especial. A partir da letra da súa canción "FIGA", reflexionamos sobre a envexa, destrutora da paz. Entre todos construímos un universo de palabras-emocións máis favorables á convivencia pacífica entre as persoas.

Día da Paz 2022

 

DÍA DO AMOR POLA CANDELORIA

 

Día do Amor pola Candeloria

 

 

 

 

 

 

 

25N

25N

 

SAMAÍN 2021

Como crear unha noticia terrorífica!!

Concurso de Conxuros do Samaín

(antes do 7 de novembro)

 

 

 

Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2020-21

Neste curso 20-21,  so contamos cunha especialista en PT : Mª Carmen Otero,   marioterosanchez@edu.xunta.es  

*Agradecer á nosa compañeira Merce a súa inestimable e incondicional colaboración na maioría dos carteis das nosas mostras!!

 

Letras galegas 2021

http://biblioeba.blogspot.com/

 

8M Aula de Apoio 1 

 Día de Rosalía 2021, 24 de febreiro

 

Día da Paz, 30 de xaneiro 2021        Día do Amor en tempos de Entroido

 25 novembro

 

 Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado durante o curso 2019-20

Neste curso 19-20, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas, unha delas a tempo parcial compartindo centro co CEIP Sofía Casanova

Mª Carmen Otero,   marioterosanchez@edu.xunta.es  / Almudena Bermúdez, bmalmudena@gmail.com

 *Agradecer á nosa compañeira Merce a súa inestimable e incondicional colaboración na maioría dos carteis das nosas mostras!!

 

* A suspensión das clases en marzo deixou no aire  proxectos por desenvolver, entre outros un encontro poético coa gañadora do Premio Nacional de Poesía, a cullerdense Pilar Pallarés; ademais da conmemoración dalgunhas datas especialmente significativas no ámbito académico. Na distancia, xurdiron outras ideas nas que gustosamente participamos para promover accións e interaccións da comunidade educativa desde as casas.

 

Desconfinando a Lingua. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Día do libro. Concurso de bookface

O IES EBA SODES VÓS

8 MARZO (idea a medio desenvolver)

8 marzo 2020 

 

24 de febreiro. Día de Rosalía. AELG "Errantes polo mundo andamos"

24-2. día de Rosalía 2020

 

30 de xaneiro, Día Internacional da Paz

Día da Paz, Aulas de Apoio

 

 

 

25N. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25N 2019

 

Traballo feito segundo a proposta do EDNL do instituto, baseada no "LIBRO DO MAL AMOR", editado pola Xunta de Galicia en torno a esta conmemoración do 25N

 

 

SAMAÍN 2019

 

 

 Mostra de Actividades Complementarias/Extraescolares levadas a cabo co noso alumnado, o curso 2018-19

Neste curso 18-19, contamos con 2 especialistas en PT para atendelas: Mª Carmen Otero,  marioterosanchez@edu.xunta.es  / Lucía Barbeito, barbeitocampos@edu.xunta.es

 *Agradecer á nosa compañeira Merce a súa inestimable e incondicional colaboración na maioría dos carteis das nosas mostras!!

 

 

(Pincha aquí para enlazar co noso Blog, onde tamén se relatan)

 

LETRAS GALEGAS 2019

Letras Galegas 2019

 

 OBRADOIRO "CARAMELOS PARA PENSAR" na Semana Cultural

 

 

 

 

 

8 DE MARZO. "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

 

 

Tradicionalmente, o traballo feminino resultou invisibilizado socialmente: o cuidado do fogar, dos nenos, anciáns ou enfermos estaban ao seu cargo; non era remunerado, por tanto, non tiña valor. Nalgúns casos, este tipo de tarefas impediulles ás mulleres o desenvolvemento profesional noutros campos.

 

É certo que incontables mulleres lograron éxitos profesionais ao longo da historia, pero moitas delas quedaron no anonimato. Algunhas incluso, foron mortas por reclamar os seus dereitos ou condicións dignas no traballo.

 

Estas son algunhas das razóns que dan sentido á conmemoración do 8 de marzo:

 

Que se visibilice e valore,

na súa xusta medida

o traballo das mulleres

na sociedade presente, pasada e futura!!

 

 

 

 

 

 

 

30 DE XANEIRO, "DÍA INTERNACIONAL DA PAZ"

Día da Paz 2019

 

 

 

 25 de novembro "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

 

SAMAÍN 2018

 

 

 

 

 

 

Mostras dalgúns traballos feitos co noso alumnado ao longo do CURSO 2017-18

 

SES, en maio, na Universidade Laboral, para alumnado do Concello de Culleredo

Concerto de SES a estudantes do Concello de Culleredo, na Universidade Laboral

 

 

Mural Letras Galegas 2018

23 de abril, Día do Libro

 

 

 

 

 

 

 

 

23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO                                                                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Excursión de 1º ao Museo de Historia Natural en abril

 

Exposición no Centro Ágora da Coruña: Muller tiña que ser!

 

Día de Rosalía 2018

30-1-18 Día Internacional da Paz

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mostras dalgúns traballos feitos co noso alumnado ao longo do CURSO 2016-17

 

      Día da Poesía 2017