NOVOS GRAOS NA UDC
ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!! NOVIDADES!!
A#UDCnonPara, e para o vindeiro curso 2020/2021 temos tres novas propostas de Graos, nos que traballamos intensamente e que consideramos que poden resultar moi atractivos para o seu alumnado:
- Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía, que se impartirá na Facultade de Ciencias-Campus A Coruña
- Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas, que e impartirá na Facultade de Economía e Empresa-Campus A Coruña
- Grao Aberto en Enxeñaría Industrial, que se impartirá na EU Politécnica-Campus Ferrol
(tedes información sobre Graos abertos nunha publicación anterior neste mesmo sitio web)
A outra novidade para o curso 2020/2021 é que o Grao en Turismo non terá custos adicionais, pasando a ser o importe da matrícula o establecido de xeito xeral para as titulacións da súa rama de coñecemento, e impartirase nas instalacións da Facultade de Filoloxía-Campus A Coruña
Podedes completar a información e visionar vídeos destas titulacións, na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/graos/nova-oferta/
Podedes ver toda a oferta académica de Graos da USC e toda a Vida Universitaria na seguinte ligazón: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/index.html