TRABALLOS 4 ESO
t
Tedes que escoller un dos tres temas e envialo a brenllaeba@gmail.com antes do 23 de marzo
TRABALLO 1 PICASSO E O GERNIKA
1 – Datos técnicos da obra.
2 – A inspiración do artista.
3 – O destino inicial da obra.
4 – O Guernica en Nova York e o seu traslado a España.
5 – Análise da obra.
6 – Bibliografía
TRABALLO 2: PICASSO
BIOGRAFÍA
ETAPAS E PRINCIPAIS OBRAS
PICASSO NA CORUÑA
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIO: Fai un comentario da obra “As señoritas de Avignon”
T
TRABALLO 3- O NEW DEAL
1 – Significado de New Deal.
2 – Contexto histórico.
3 – Principal impulsor.
4 – Obxectivos básicos.
5 – Datas nas que se desenvolveu.
6 – Medidas para alcanzar os seus obxectivos, resultados e críticas.
7 – Comentario dun texto.
8 – Bibliografía.
· TEXTO: O New Deal
A tarefa máis ardua, a primeira, é facer que o pobo retorne ao traballo. Non é un problema insoluble se nos enfrontamos a el con prudencia e valentía. Pode realizarse, en parte, mediante a contratación directa por parte do Goberno, actuando como en caso de guerra pero, ao mesmo tempo, levando a cabo os traballos máis necesarios, a partir destas persoas contratadas, para estimular e reorganizar a utilización dos nosos recursos naturais. Paralelamente debemos recoñecer con toda franqueza que os nosos centros industriais están superpoboados e (...) esforzarnos por conseguir que se faga un mellor uso da terra por parte dos máis capacitados.
Contribuirase á devandita tarefa realizando os esforzos necesarios para elevar o prezo dos produtos agrícolas e con eles o poder adquisitivo, que absorberá a produción das nosas cidades. Isto será posible sempre que unha esixencia sen precedentes dunha acción urxente force a un abandono temporal do xogo normal do comportamento público.