Curso 2021-2022

Curso 2021-2022

Participación do IES Auga da Laxe no proxecto de innovación CODOS

O noso centro acaba de sumarse ao proxecto de innovación CODOS, promovido polo IES Escolas Proval, coa instalación de catro medidores de CO2 automatizados (dos 24 que ten neste momento o proxecto) en catro aulas.

Charla de Carlos Spuch sobre saúde mental

Hoxe tivemos a visita de Carlos Spuch, biólogo e investigador no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, para falarnos sobre saúde mental. Asistiu o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de bacharelato e parte do profesorado. Logo da charla houbo unha prolongada quenda de preguntas ao respecto.

Muller e deporte, na próxima sesión do Club da Igualdade

Este próximo luns día 13 de decembro, de 15.30h a 16:45h, teremos unha nova sesión do Club da Igualdade. O tema escollido nesta ocasión é "Muller e deporte". Contaremos coa presenza dunha pioneira do balonmán: Cristina Fernández Piñeiro, a primeira muller árbitra internacional da historia (entre outras cousas, a primeira en pitar unha final de Champions).

Teatro contra a violencia de xénero

Este venres 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á representación de "DesAlento", unha acción escénica, creada e interpretada por Mónica Sueiro, que trata o maltrato psicolóxico. A peza transita polo metafórico e o simbólico para finalizar compartindo cos asistentes a vivencia de violencia sufrida no pasado pola propia creadora.

Dicimos NON á violencia contra as mulleres

No IES Auga da Laxe dicimos NON á violencia contra as mulleres nas súas diferentes manifestacións. Esta semana un grupo de alumnos e alumnas do Club da Igualdade atenderá nos recreos un stand no que se convida a alumnado e profesorado a reflexionar sobre todas as formas de violencia machista e a plasmar nunha tarxeta a que queren dicir NON.

Certame Provincial de Regueifas

Este venres 19 de novembro celebrouse no centro social de Valadares (Vigo) a fase final do II Certame Escolar Provincial de Regueifas, na que participamos dez centros finalistas de entre máis de corent

Distribuir contido