Convocatoria das Becas MEC

Convócanse as bolsas do Ministerio de Educación, dirixidas aos alumnos e alumnas que vaian cursar estudos postobrigatorios: Bacharelato, Formación Profesional (incluída FP Básica), ensinos artísticos, deportivos, de idiomas ou estudos universitarios. Prazo de solicitude: desde o 19 de marzo ata o 10 de maio. Poden solicitarse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Máis información en: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Nas próximas semanas anunciaranse tamén as datas da convocatoria de axudas para estudantes con necesidade específica de apoio educativo.