Información

Período extraordinario de matrícula curso 2020/21

O período extraordinario de matrícula abrangue desde o 7 ao 10 de setembro para o alumnado que non fixo a matrícula no período ordinario.

Os impresos de matrícula están nos arquivos adxuntos. Se a alumna ou alumno vai facer uso do transporte escolar do IES Terra de Turonio deberá cubrir o impreso de transporte.

Curso 2021/22

  Nesta ligazón tedes a relación de libros de texto para o curso 2021/2022.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Xa está dispoñible a listaxe provisional de admitidos e excluídos do Fondo Solidario de libros de texto no taboleiro do instituto.

 

No DOG do día 20 de maio de 2021, publícase a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

O prazo remata o día 22 de xuño de 2021 incluído.

 

Como novidade, no artigo 9.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros" ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

 

Máis información na páxina web www.edu.xunta.es 

INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 2021/22

   O período ordinario de matrícula abrangue desde o 22 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado que teña todas as materias aprobadas e para os que estean autorizados a facelo.

  O período extraordinario de matrícula é desde o 1 ao 10 de setembro para o resto do alumnado.

Os impresos de matrícula están nos arquivos adxuntos. Se a alumna ou alumno vai facer uso do transporte escolar do IES Terra de Turonio deberá cubrir o impreso de transporte.

Horario de atención ao público

 

De luns a venres de

9:30 a 14:00

 


SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Todas as solicitudes de admisión presentadas neste centro foron admitidas para o curso 2021/22. Pode consultarse a relación de admitidos no taboleiro do centro.

 

Toda a información sobre a admisión do alumnado para o próximo curso 2021/22: principais novidades, lexislación, calendario, documentación, formularios irase poñendo nesta páxina web a medida que vaia saíndo.

Distribuir contido