Club da Igualdade

Club da Igualdade

Volven as sesións do Club da Igualdade

Este próximo luns 30 de outubro, de 15:30 a 16:45, temos a primeira sesión do Club da Igualdade deste curso. Nesta ocasión imos falar, debater e compartir opinións sobre un tema que está moi de actualidade por moitas razóns: "Muller e fútbol".

No Club da Igualdade, falamos de amores que matan

O luns 30 de xaneiro ás 15:30h temos a sesión mensual do Club da IgualdadeNesta ocasión falaremos de violencia machista a partir da proxección e comentario de diferentes materiais.

O club da igualdade achégase ao proxecto Discamino

Este próximo luns 12 de decembro temos sesión do Club da Igualdade e estarán con nós persoas da asociación Discamino que nos van falar do traballo que realizan.

No Club da Igualdade, falamos de racismo

O próximo luns 24 de outubro, ás 15.30h no salón de actos, teremos a primeira sesión deste curso do Club da Igualdade. Nela, falaremos de racismo e xenofobia a partir do máis cercano, dos prexuízos e estereotipos absurdos instalados entre nós. Para iso, contaremos coa presenza de Yosi Ledesma, de ACCEM e haberá tamén participación de alumnado do centro.

Sesión mensual do Club da Igualdade

O vindeiro luns 25 de abril terá lugar a sesión mensual do Club da Igualdade.

Nova sesión, a sexta, do Club da Igualdade

A temática da charla deste mes de marzo tratará sobre a Intelixencia Artificial  e o seu papel na desigualdade de xénero. En concreto o título da sesión, que foi suxestión da propia relatora, é Investigación con nesgo de xénero.

Distribuir contido