Blogues

Reunións de benvida para as familias

Desde o IES Auga da Laxe convocamos as familias do noso alumnado a unha reunión informativa de benvida ao curso 2024-2025, de acordo coas seguintes datas e horarios:

- 1ºESO: martes 10 ás 18:00h

- 1ºBach e 2ºBach: martes 10 ás 19:00h

- 2ºESO: mércores 11 ás 18:00h

- 3ºESO e 4ºESO: mércores 11 ás 19:00h.

Haberá unha primeira parte no salón de actos co equipo directivo e as orientadoras e unha segunda parte coas persoas titoras de cada grupo.

 

Comezo do curso 2024-2025

O próximo mércores 11 de setembro darán comezo as actividades lectivas do curso 2024-2025 de acordo co seguinte horario:

- Entrada ESO: 09:30h

- Entrada Bacharelato: 09:45h

Ata as 11:10h, acollida e presentación dos grupos coas persoas titoras.

A partir das 11:10h, todo o alumnado terá clase ata as 15:00h.

Listaxe definitiva Fondo libros 2024-2025 e vales de material

Xa está publicada no taboleiro interior do centro a listaxe definitiva de Fondo libros, na que se indican os libros das materias concedidas, que se entregarán ao comezo do próximo curso. Tamén están dispoñibles os vales de material, que se poden recoller na secretaría de 9:30 a 14:00h os días 29, 30 e 31 de xullo ou a partir do 1 de setembro.

Fondo libros 2024-2025

Pódese consultar a listaxe provisional do Fondo solidario de libros no taboleiro interior do centro. Ábrese o prazo de 2 días hábiles para a presentación de reclamacións. A próxima semana publicarase a listaxe definitiva.

Libros de texto para o curso 2024-2025

Pódese consultar no arquivo adxunto a listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025.

 

Horario de verán

Distribuir contido