Certame Provincial de Regueifas

Este venres 19 de novembro celebrouse no centro social de Valadares (Vigo) a fase final do II Certame Escolar Provincial de Regueifas, na que participamos dez centros finalistas de entre máis de corenta da nosa provincia. A actividade está promovida pola asociación ORAL de Galicia e subvencionada pola Deputación de Pontevedra. Nove alumnas e alumnos de 1º ESO representaron o IES Auga da Laxe: Candela, Naya, lago, Daniel Ledo, Daniel Suárez, Lucila, Daniela, Lucía e María. E dous, Candela e Daniel Ledo, chegaron á rolda previa á final. Foi unha actividade moi satisfactoria para todos e todas, regueifeiros/as e siareiros/as!