Curso 2021-2022

Curso 2021-2022

Proclamación de candidaturas ás eleccións do Consello Escolar

A Xunta Electoral do centro para as eleccións ao Consello Escolar proclamou con data do 17 de novembro as candidaturas presentadas nos distintos sectores da comunidade educativa. As listaxes están expostas no taboleiro da entrada do instituto. Ábrese un prazo de reclamacións de dous días (18 e 19 de novembro).

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba publicou no Diario Oficial de Galicia do pasado venres 12 de novembro a Orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado que cumpra uns determinados requisitos. 

Charlas do departamento de Economía

O alumnado de 4°ESO, 1°Bach e 2°Bach vai participar o día 10 de novembro en dúas charlas organizadas polo departamento de Economía. Estas sesións levan por título Facenda: xestión cívica de impostos e serán impartidas por Guillermo A. Surís Manzano, xefe da sección de Información e Asistencia ao Contribuínte da Axencia Tributaria.

Convocatoria de eleccións ao consello escolar

Achégase información e documentación para as eleccións ao consello escolar.

Autismo e xénero no Club da Igualdade

Este próximo luns día 8, de 15:30h e 16:45h, teremos a sesión do Club da Igualdade do mes de novembro, na que falaremos de autismo e xénero. Contaremos coa presenza de Mónica Menéndez, que nos falará, desde a súa experiencia como muller e Asperger, da forma especial de percibir o mundo das persoas neurotípicas, así como das relacións entre xénero e espectro autista.

Distribuir contido