Curso 2021-2022

Curso 2021-2022

Danza en favor da igualdade

O alumnado de 3ºESO asistirá este martes 19 de outubro ás 12:30h na Praza da Paradela ao espectáculo de danza "Pel continua", da coreógrafa e bailarina Rut Balbís, Premio da Crítica de Galicia de artes escénicas no ano 2019. A actividade, organizada polo Concello de Gondomar, forma parte do programa Mulleres en acción.

Sesión do Club da Igualdade sobre persoas trans

O Club da Igualdade vai celebrar unha sesión sobre as persoas trans o próximo luns 18 de outubro, de 15:30h a 16:45h na biblioteca.

Volve o Club da Igualdade

Dentro do proxecto educativo transversal que imos desenvolver este curso arredor de temas vinculados coa igualdade, a inclusión e o respecto pola diversidade, vanse retomar as sesións do Club da Igualdade cunha saída a Vigo para asistir no cine Salesianos á proxección de Especiais, dentro da programación do Festival de cine inclusivo.

Programa de Bolsas Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega retoma o seu Programa de Bolsas para os estudantes que desexen cursar 1º de Bacharelato en Canadá e en Estados Unidos.
Tedes toda a información na seguinte ligazón:

O alumnado de 1ºESO visita os petróglifos Auga da Laxe

O alumnado de 1ºESO realizará este mércores 29 de setembro unha visita guiada aos petróglifos Auga da Laxe, que dan nome ao noso instituto. Para ocasión tan especial contaremos coas explicacións do arqueólogo Xosé Lois Vilar, que nos achegará ao rico patrimonio que garda a fermosa Serra do Galiñeiro. Logo da visita guiada, o alumnado, acompañado polos seus titores e polo profesorado do departamento de Educación Física, fará un roteiro para desfrutar da beleza da paisaxe.

Comezo do curso 2021-2022. Reunión coas familias.

Desde o IES Auga da Laxe, dámosvos a benvida ao novo curso 21-22. 
Distribuir contido