Curso 2021-2022

Curso 2021-2022

Actividade de Espazo Lectura para o mes de xaneiro

Este é o calendario de actividades de Espazo Lectura para o mes de xaneiro de 2022.
O instituto é socio protector da asociación do Val Miñor para o fomento e animación da lectura en lingua galega.

Visita á exposición sobre Antonio Palacios

Este próximo mércores 12 de xaneiro retomamos as actividades complementarias cunha visita ao Museo do Mar para ver a exposición "Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia", na que se fai un achegamento aos principais proxectos deste arquitecto e urbanista, tanto en Madrid como en Galicia.

Noraboa para Josué Troncoso Campos

Moitos parabéns ao noso alumno Josué Troncoso Campos, que recolleu hoxe o Premio Extraordinario de ESO ao rendemento académico. Josué, que estuda actualmente 2°Bach no noso instituto, cursou a ESO no IES Terra de Turonio.

Calendario escolar 2021-2022

Premendo nesta ligazón descarga o calendario escolar do curso 2021-2022.

Probas de acreditación de nivel de inglés

Un total de 50 alumnos e alumnas de 4ºESO, 1ºBach e 2ºBach están realizando esta semana no instituto as probas do Trinity College para certificar o seu nivel de inglés (B1, B2 ou C1). Ao acreditarnos como centro examinador, o alumnado pode realizar as probas no propio instituto da man dun equipo de profesionais do Trinity College.

Distribuir contido