Visita á exposición sobre Antonio Palacios

Este próximo mércores 12 de xaneiro retomamos as actividades complementarias cunha visita ao Museo do Mar para ver a exposición "Antonio Palacios. Soños de modernidade. Compromiso con Galicia", na que se fai un achegamento aos principais proxectos deste arquitecto e urbanista, tanto en Madrid como en Galicia. Na saída, organizada polo departamento de Xeografía e Historia, vai participar o alumnado de Historia do Mundo Contemporáneo de 1ºBach e de Xeografía de 2ºBach.