Probas de acreditación de nivel de inglés

Un total de 50 alumnos e alumnas de 4ºESO, 1ºBach e 2ºBach están realizando esta semana no instituto as probas do Trinity College para certificar o seu nivel de inglés (B1, B2 ou C1). Ao acreditarnos como centro examinador, o alumnado pode realizar as probas no propio instituto da man dun equipo de profesionais do Trinity College. Esta iniciativa, xestionada e organizada polo departamento de Inglés, conta cunha axuda da Consellería de Educación que permite que a realización das probas sexa gratuíta para o alumnado.