FSE

Fondo Social Europeo

Proclamación de candidaturas ás eleccións do Consello Escolar

A Xunta Electoral do centro para as eleccións ao Consello Escolar proclamou con data do 17 de novembro as candidaturas presentadas nos distintos sectores da comunidade educativa. As listaxes están expostas no taboleiro da entrada do instituto. Ábrese un prazo de reclamacións de dous días (18 e 19 de novembro).

Convocatoria de eleccións ao consello escolar

Achégase información e documentación para as eleccións ao consello escolar.

Eleccións ao Consello Escolar 2021

Dentro do proceso de convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, comunicamos que o venres 29 de outubro de 2021 ás 12:10h, no patio central do instituto, procederase ao sorteo para designar os membros da Xunta Electoral, que estará formada pola directora; un pai, nai ou titor legal do alumnado; un profesor ou profesora; un membro do Persoal de Adminsitración e Servizos e un alumno ou alumna (estes catro últimos designados por sorteo público).

 

Distribuir contido