Eleccións ao Consello Escolar 2021

Dentro do proceso de convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, comunicamos que o venres 29 de outubro de 2021 ás 12:10h, no patio central do instituto, procederase ao sorteo para designar os membros da Xunta Electoral, que estará formada pola directora; un pai, nai ou titor legal do alumnado; un profesor ou profesora; un membro do Persoal de Adminsitración e Servizos e un alumno ou alumna (estes catro últimos designados por sorteo público).