Charla de Carlos Spuch sobre saúde mental

Hoxe tivemos a visita de Carlos Spuch, biólogo e investigador no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, para falarnos sobre saúde mental. Asistiu o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de bacharelato e parte do profesorado. Logo da charla houbo unha prolongada quenda de preguntas ao respecto.

Carlos aclarou moitas das ideas e dúbidas que sobre o asunto temos alumnado e profesorado, establecendo as relacións existentes entre os diferentes trastornos e destacando a influencia que a covid está tendo na saúde mental da poboación e xeral e da xente nova en particular. Rematou subliñando a importancia do exercicio e da actividade física na prevención e tratamento deste tipo de doenzas.

Moitas grazas por todo, Carlos!