Muller e deporte, na próxima sesión do Club da Igualdade

Este próximo luns día 13 de decembro, de 15.30h a 16:45h, teremos unha nova sesión do Club da Igualdade. O tema escollido nesta ocasión é "Muller e deporte". Contaremos coa presenza dunha pioneira do balonmán: Cristina Fernández Piñeiro, a primeira muller árbitra internacional da historia (entre outras cousas, a primeira en pitar unha final de Champions). Lembramos que aquelas persoas que queiran reservar algo na cafetaría para comer, deben facelo antes do venres 10. O cartel que anuncia a actividade é obra de Paula Álvarez, de 1º Bacharelato C. Esperámosvos!