Sección da Estrada. Información xeral

 Clases de inglés A Estrada Teo Vedra Silleda Cuntis Forcarei

Benvidos e benvidas!

Se estás aquí, é porque buscas información sobre a Sección da Estrada da EOI de Pontevedra. Nesta páxina atoparás información sobre como poñerte en contacto con nós, as clases e as matrículas.

Se queres que che informemos dos prazos de matrícula, apúntate na nosa lista de correo:
lista de agarda.

Horarios curso 2023-2024

Aquí podes atopar os horarios do curso actual.
Horarios

Ubicación

A Sección da Estrada da EOI está ubicada no IES Antón Losada Diéguez (Rúa Cultura 2, 36680, A Estrada) e leva en funcionamento desde o curso 2008-2009.

Teléfonos de contacto:

886 15 19 29 (seminario de inglés)
663 490 785 (WhatsApp)

Correo electrónico: aestrada.eoipontevedra@gmail.com

Redes sociais:
X (Twitter):
@EoiEstrada

Facebook: @EOI.Estrada
Instagram: @eoi.estrada
TikTok:
@eoiaestrada
Youtube: EOI A Estrada

Linguas

Na actualidade impártense todos os cursos e niveis de inglés que actualmente se ofrecen nas escolas oficiais de idiomas galegas (Básicos A1 e A2, Intermedios B1, B2.1 e B2.2 e Avanzados C1.1 e C1.2) excepto o nivel C2, en horario exclusivamente de tarde. As clases son de 2 horas, de 17:00-19:00 e de 20:00-22:00, 2 veces por semana.

 

Servizos

Durante o curso académico regular (entre os meses de setembro e maio) a xefatura de estudos adxunta da sección ten horario de atención ao público os mércores de 18:00 a 20:00, e os venres de 17:00 a 19:00. Os trámites administrativos do alumnado xestiónanse neste horario a través da xefatura de estudos adxunta.

 

Matrícula

Oficial

A matrícula para o novo alumando adoita abrir en setembro. Os trámites xestiónanse a través da xefatura de estudos adxunta da sección no IES Antón Losada Diéguez da Estrada, ou por email no enderezo marcado arriba.

Durante os meses de xullo e setembro, nos que se realiza polo xeral tanto a preinscrición como a matrícula de alumnado oficial, hai ordenadores a dispor dos interesados no centro para realizar as xestións pertinentes en liña. O horario de atención ao público no mes de xullo é polas mañás e no mes de setembro polas tardes.

Libre

Para a matrícula libre para as probas de certificación dos niveis A2, B1, B2 e C1 establécese todos os anos un prazo que se anuncia nos taboleiros do centro así como nesta páxina web e as nosas redes. A documentación necesaria, así como a información relativa ás probas, pode recollerse na conserxaría do IES e entregarse en horario de tarde dentro do prazo establecido.

Probas de clasificación

Estas probas adoitan ter lugar en setembro e permite que o alumno ou alumna acceda a un nivel distinto ao que lle tocaría por estudos. Só poden presentarse persoas que nunca estudaron nas EOIs.

Escola oficial de idiomas, Escuela oficial de idiomas, EOI, A Estrada, Clases de inglés A Estrada, Academia inglés A Estrada, Clases de inglés, Teo, Silleda, Cuntis, Forcarei, Padrón,