Actividades culturais

CONCURSO: O MAR TEN A PALABRA

Contan os mariñeiros que "o mar está vivo e hai que telo contento para que estea da parte dun". Por iso, para rematar ben o ano, abrimos o concurso de fotografía "O mar ten a palabra". Envía unha fotografía relacionada co mar antes do 21 de decembro ao enderezo recollido nas bases do concurso.

1ª XUNTANZA DE DELEGADOS/AS

O martes 23 novembro terá lugar a primeira xuntanza de representantes de alumnado para o curso 21-22. Se es delegado/a, agardámoste!A xuntanza desenvoverase a través de videoconferencia. Consulta a mensaxería en CentrosNet para acceder á ligazón.

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Gústaríache botar unha man na biblio, coidando e facendo bo uso dos materiais? Cubre a solicitude para participar no Programa de voluntariado e entrégaa na Conserxaría antes do 1 de novembro. 

Solidarízate coa biblioteca, solidarízate coa cultura.

APÚNTATE Á MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

Este ano estreamos a modalidade semipresencial. Podes gozar do mellor dos dous mundos: clase presencial e plataforma virtual de aprendizaxe. Neste vídeo explicámoscho con moito humor:

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Celebra o Día Europeo das Linguas xogando ao Trivial e gozando da multiculturalidade da Escola. O vindeiro 28 de setembro ás 12.00 e o 30 de setembro ás 18.30 horas no salón de actos.

OFERTA EDUCATIVA: CURSO 2021-22

Xa está dispoñible a oferta educativa correspondente ao curso 2021-22. Este ano, ademais do Programa That´s English, engadimos a modalidade semipresencial en inglés. Bótalle unha ollada:

VIDEO-DICCIONARIO DE EXPRESIÓNS

Bota unnha ollada aos videos creados polo noso alumnado onde che explican o significado dunha escolma de expresións populares que engadirán riqueza á túa fala nas linguas da Escola.

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA BOA LECTURA

Se queres ler moito e ben, non perdas detalle destas guías elaboradas polo alumnado da Escola:

 

OS LIBROS DA TÚA VIDA

Hai libros que deixan unha pegada imborrable na nosa vida, e hoxe o alumnado da Escola comparte esas lecturas contigo.

PRÉSTAMO ESPECIAL DE VERÁN NA BIBLIOTECA

Se che interesa gozar dos fondos da biblioteca durante todo o verán achégate a este espazo e recibe unha bolsa de algodón decorada para levar o material que precises. Consulta o horario reducido no mes de xuño nesta ligazón.

Distribuir contido