Actividades culturais

CERTAME DE MICRO-RELATO

Queres gañar 200 euros para a compra de libros ou material audiovisual en galego? Tamén haberá premios de 150 e 100 euros, ademais da opción de dous accésits de 50 euros cada un!

O vindeiro xoves 20 de abril ás 18:00 terá lugar o XIII ‘Certame de microrrelato en galego EOI de Pontevedra’, que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra (EOI), en colaboración co Concello de Pontevedra. Consulta as bases!

O certame está aberto a todas aquelas persoas que desexen participar que cumpran a condición de ser maiores de 14 anos e realízase de maneira presencial. Ao comezo do mesmo daranse a coñecer tres palabras que deberán ser incluídas obrigatoriamente nos relatos.

Ademais, haberá outras tres sedes para facilitar a participación: o IES Valle Inclán de Pontevedra, o IES Antón Losada Diéguez d’A Estrada e o IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, todas elas seccións da EOI de Pontevedra onde tamén se imparte docencia.

SIMONE NEGRIN NA ESCOLA

Ti tamén sintes paixón polos contos? Entón non podes perder a oportunidade de escoitar a Simone Negrin contando a historia de Decameron o vindeiro 17 de abril ás 17.30 horas no Salón de actos da Escola.

VIAXE: PONTE DE LIMA E VIANA DO CASTELO

Es alumno/a da Escola ou ex-alumno/a de portugués? Daquela tés a sorte de poder realizar unha viaxe coa Escola a Ponte de Lima e Viana do Castelo. Reserva a túa praza antes do 26 de abril ás 20.00 horas chamando a Galegría Viajes.

Data da viaxe: 29 de abril. Consulta todos os detalles.

Prezo total da viaxe: 30 euros (inclúe transporte, guía oficial por Viana do Castelo, billetes ao Museo do Traje e asistencia en viaxe).

OBSERVACIÓN DOCENTE NA ESCOLA

Sabías que na EOI de Pontevedra abrimos as portas das nosas aulas para observar  a práctica docente? Bota unha ollada ás nosas experiencias e reflexións recollidas neste vídeo:

A SPECIAL CLASS IN ENGLISH WITH MUSIC

Bonnie Cooper presenta esta actividade especial en inglés con música para celebrar a Pascua. Podedes asistir o xoves 30 ás 19.30 ou o venres 31 de marzo ás 11.00 horas no salón de actos.

O MESMO LIBRO? MELLOR TROCA

Aproveita esta oportunidade para renovar os teus libros! Deixa os usados na conserxaría da Escola e alí darache un vale para trocalo por outros libros no Salón do libro o vindeiro día 23 de abril, no Pazo da Cultura. Agardámoste!

CONCURSO: SELFIE LINGÜÍSTICO

Benvidos/as ao noso concurso de 'selfies'. Anímaste a retratar unha frase feita enxeñosa que teña que ver coa vestimenta/moda ou refrán na túa lingua de estudo?. Haberá seis categorías, unha por lingua e o premio para cada unha delas é un vale de 20€.

Consulta as bases e participa ata o venres, 21 de abril e envía a túa creación ao enderezo plambe.eoipontevedra@gmail.com. Emprega este modelo para crear o teu "selfie" lingüístico. Moita sorte!

 

FRANCOPHONIE

Os próximos 22 e 23 de marzo ás 18h 30´ e 10h ´30 respectivamente acolleremos no salón de actos da EOI unha charla sobre o desembarco de Normandía, impartida por Quentin Lemoine. Ao remate faremos un pequeno concurso con premios para as persoas más atentas; anímaste a participar?

CICLO DE CINEMA E MODA

Continuamos co ciclo de cinema na EOI de Pontevedra e rematamos con Alemán!

Achégate ao salón de actos para ver Lotte Am Bauhaus:

  • Martes 14 de marzo ás 09.00
  • Mércores 15 de marzo ás 17.00

LABORATORIO CREATIVO DI MASCHERE

Queres prepararte para o Entroido dunha maneira creativa e orixinal? O Departamento de Italiano convídate a participar nos obradoiros de máscaras que terán lugar os vindeiros 16 e 17 de febreiro na biblioteca.

Distribuir contido