Nadal 2013

Bulla , aplausos, sons de pandeiretas e cantos resoan nos corredores do edificio de Infantil e Primaria.

O grupo de 1º de ESO canta os reis na vila de Friol

José Mª Carricoba e os seus alumnos e alumnas de 1º de ESO, un ano máis, cumprindo coa tradición de pedir o aguinaldo polo Nadal, percorreron a vila e establecementos de Friol cantando panxoliñas  e cantos de reis. Estiveron acompañados por algunhas das pandereteiras do grupo de Nazaré Guerreiro.

Festival de Nadal organizado pola ANPA

 

A ANPA do colexio organizou, como xa vén sendo habitual, un festival de Nadal, no que alumnos e alumnas de Primaria representaron no salón do Centro Sociocultural de Friol tres sketches teatrais:

Concurso de postais de Nadal

Postais presentadas polos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria ó concurso no que se elixirá a postal de Nadal do Centro.

Charla para as familias sobre "drogas e alcohol"

Dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar, tivo lugar o pasado mércores 11 de decembro, na Biblioteca do Centro, unha charla impartida por profesionais da Garda Civil de Lugo sobre "drogas e alcohol", dirixida ás familias dos alumnos e alumnas.

Día contra a violencia de xénero

Teresa Estévez

Celebramos o 25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero facendo dous murais co lema: “Ningún xénero de violencia”.

I Cross Concello de Friol e Campionato Provincial de Cross

...

Felipe Barata

Dous podiums para o CPI. Dr. López Suárez

O pasado venres 6 de Decembro disputouse o I Cross Concello de Friol e tamén o Campionato Provincial de Cross para as categorías xuvenil e absoluto. No primeiro tomaron parte a práctica totalidade de atletas do Colexio, é dicir, cerca de 40 nenos e nenas que están inscritos no Programa Xogade, mentres que no Campionato Provincial participaron dous alumnos.

Corre con nós

Felipe Barata

CORRE CON NÓS. AS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA. LUGO

O domingo 24 de Novembro celebrouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo a primeira proba do Circuíto lucense do Corre con Nós, ó cal acudiron nenos e nenas do Colexio de Friol. Cristian Santos entrou en segundo lugar na categoría B.

Distribuir contido