BOLSAS NEAE 23-24: RECORDATORIO PARA AS FAMILIAS

 

O Ministerio de Educación e Formación profesional publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Pode solicitar esta axuda o seguinte alumnado:

- alumnado cun certificado médico TEA,

- alumnado con discapacidade,

- alumnado cun trastorno grave de conduta

- alumnado cun trastorno grave da comunicación e da linguaxe,

- alumnado cun certificado de TDAH asociado a discapacidade, trastornos graves de conducta ou trastornos da comunicación e da linguaxe,

- alumnado con altas capacidades que achegue informe psicopedagóxico do departamento de orientación

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende o 8 de maio ata 20 de setembro no seguinte enlace:

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886   

Poden atopar máis información sobre a convocatoria neste enlace:     

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html      

Iria Pichín Rodríguez. Orientadora do CPI Doctor López Suárez (Friol).
Tlf. 982 82 81 83.
 

Proxecto "Galicia sabe a mar"

Ed. Primaria

O alumnado de 4º,5º e 6º de educación primaria asistiu á Praza Andón Cebreiro a unha degustación de productos do mar, a través dunha campaña da Xunta de Galicia para animar a poboación a consumir e por en valor os produtos do mar, ademais de darlle relevancia ó traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo. Unha foodtrack estivo instalada en dita praza durante toda a mañá e ata alí nos desprazamos para realizar a degustación dun dos productos máis salientables e representativos da nosa comunidade.

Obradoiro "Voluntariado escolar"

5º-6º Primaria

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu a un taller de voluntariado realizado pola fundación “Juan Soñador” de Lugo e na que se informou os nenos e nenas de ditos cursos da importancia do voluntariado como unha expresión de participación cidadá chea de solidaridade, unha acción que se suma ó noso soño e compromiso de cambiar o mundo, ademais da importancia que ten na sociedade.

Actividade no Rocódromo de Lugo.

Dep. Educación Física

Inauguramos a programación do Proxecto Deportivo de Centro para o presente curso escolar coa visita ó Rocódromo de Lugo por parte do alumnado de 6° de Educación Primaria e por parte do de 1° da ESO.

Esta formación dalle continuidade a unha actividade que xa leva anos presente na programación do departamento de educación física e realizouse en colaboración co Servizo Provincial de Deportes.

Charla con motivo do día mundial do alzheimer

Dep. Orientación

Inauguramos un novo curso escolar e comezamos cunha nova actividade que pretende ser un nexo de unión coa idea de traballar dende un punto de vista pedagóxico e didáctico as relacións interxeneracionais e que supón o punto de partida de todos os talleres e obradoiros que realizaremos no presente curso escolar, co motivo de dar a mellor formación posible.

Así, estiveron presentes no noso centro membros e responsables da Asociación Afalu para dar visibilidade a enfermidade do Alzheimer nas persoas maiores, con motivo do día mundial de dita enfermidade que se celebra o día 21 de setembro, a través de distintas mecánicas de traballo cooperativo entre o alumnado de 3ºe 4º de educación primaria, que foi o que asistiu a este taller. Na charla estivo presente Asunción López, profesora e directora xubilada deste centro escolar, que tamén lles comentou aspectos de como era a educación na súa infancia e os cambios con respecto á actualidade.

Festa de fin de curso

Felipe Barata

O noso centro, en colaboración coa ANPA e co Concello de Friol, organizou unha festa de fin de curso con 7 inchables para todo o alumnado do centro, dende Educación Infantil ata Educación Secundaria, que fixo as delicias dos mesmos nunha matinal en que poñiamos punto final a outro apaixoante curso escolar.

Ó final desta festa, o alumnado de 6° de Educación Primaria realizou un baile de despedida de etapa educativa.

A todos os membros da comunidade educativa vos desexamos un feliz verán e que descansades despois dun curso escolar tan intenso.

I Torneo de Xadrez

Sandra Cid

Este ano tamén disputamos o I Torneo de Xadrez no noso colexio, no que tomaron parte case 20 nenos e nenas de 5º e 6º de educación primaria e que se inscribe dentro do plan de actividades do Proxecto Deportivo de Centro. Este torneo xorde para impulsar a importancia que lle queremos dar a este deporte no noso centro educativo como un elemento prioritario na formación do noso alumnado. Recordamos que este ano se creou o equipo de xadrez, que coordina a profesora Sandra Cid.


Os tres primeiros clasificados desta primeira Edición do Torneo de Xadrez foron:
 
1º. Alán García
2º. Anxo Moreno
3º. Lucas Roca

Obra de teatro Club de Lectura

Club de Lectura

O pasado venres 16 de xuño, celebrouse na biblioteca do noso centro educativo, a representación dunhas breves pezas teatrais a cargo do alumnado de ESO pertencente ao club de lectura de alumnos e alumnas, que levaron a cabo unhas versións dalgún dos contos da obra “Instrucións para tomar café”, de Manuel Nuñez Singala.

Este libro tamén foi proposto para ler no club de lectura de adultos, que previo á representación de dita obra, tivo a súa sesión para valorar e falar sobre os aspectos máis salientables que lles pareceu a cada un dos membros de dito club de adultos, que en boa representación acudiron tanto á charla sobre o libro, como á representación da obra de teatro, na que en clave de comedia, se abordaron algúns dos problemas máis perentorios que afectan á sociedade de hoxe en día.

Día mundial dos océanos

Antolín Martínez

O alumnado de 3° de primaria fixo un video conmemorativo sobre o día mundial dos océanos.

Distribuir contido