Charla sobre piragüismo

Dep. Ed. Física

O venres 3 de maio tivo lugar no noso centro a tradicional charla de piragüismo para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, así como para o de 1º e 2º da ESO. A charla versou sobre aspectos técnicos e tácticos e sobre os fundamentos principais deste deporte para un mellor coñecemento do mesmo.

Así mesmo, tamén se falou da historia e da evolución do piragüismo na nosa provincia e dos grandes exemplos de deportistas que deixaron a súa pegada. Estas charlas enmárcanse dentro do programa de actividades do Proxecto Deportivo de Centro e terá a súa continuación o vindeiro 6 de xuño coa realización da fase práctica nas instalacións do Club Cidade de Lugo.

Charla "A estatística no teu día a día"

Dep. Matemáticas

O alumnado de 4º da ESO asistiu o xoves 2 de maio a unha interesante charla titulada A estadísitica no teu día a día, impartida pola profesora da Universidade de A Coruña, Estefanía Mourelle, na que lles relatou de xeito dinámico como a estatística está presente nas súas vidas cotiás, con elementos como poden ser os smartwatches e, polo tanto, como lles pode axudar a comprender mellor o que lles rodea, en particular, os fenómenos económicos.

O relatorio centrouse dende medidas básicas de Estatística, como percentís, medias ou medidas de dispersión, ata onde se queira chegar, como pode ser as series de tempo ou medidas de desigualdade.

Esta charla englóbase dentro da colaboración do noso centro coa Universidade de A Coruña, que nos facilita a posibilidade de ofertar ao noso alumnado unha serie de charlas de divulgación ao longo do curso.

Carreira Popular de Friol

Felipe Barata

O pasado sábado 27 de abril disputouse a Carreira Popular de Friol, que como é habitual neste evento, reuniu un bo número de nenos e nenas do noso centro, que se animaron a tomar parte no evento do noso pobo. Deste xeito, cerca de 80 representantes do noso centro educativo estiveron presente na festa atlética por excelencia que se realiza en Friol.

A xornada desenrolouse co ambiente lúdico e deportivo que caracteriza este evento, que xa chega a súa X Edición. No apartado competitivo, a xornada comenzaba coa vitoria de Arai Gallardo na categoría prebenxamín e o terceiro posto do seu compañeiro Lucas Castro, mentres que entre as nenas destacaba o terceiro posto de Nora López.

Xa na categoría alevín, destacaba a segunda plaza de Hugo Penas na parcela masculina, mentres que na feminina era Sabela Sánchez quen subía ó terceiro chanzo do pódium. Na categoría cadete, Mateo Villar conseguía a terceira posición, mentres que na proba xuvenil conseguían os nosos representantes un triplete a cargo de Ramón Loureiro, Sacha Soro e Samuel Villar, que ocupaban as tres primeiras poscións respectivamente.

Olimpiada de Xeografía

Dep. Ciencias Sociais

Do mesmo xeito que o ano pasado, o noso centro tomou parte na III Edición da Olimpíada Xeográfica Junior,  na que estivemos representados por sete alumnos e alumnas de 3º da ESO, que tiveron unha grande actuación. Dita cita tivo lugar en Santiago de Compostela. Ademais desta competición, tamén se aproveitou para que o resto de alumnos e alumnas do mesmo curso, así como o alumnado de 2º da ESO, puidesen realizar unha visita cultural á capital galega, entre os que destacou unha visita ó Museo de Historia Natural de Santiago, que tivo unha gran acollida entre a delegación escolar.

Os nosos representantes nesta Olimpíada de Xeografía foron Antía Iglesia, Lucía Espiñeira, Andrea Vázquez, María Jesús Vázquez, Samuel Rodríguez, Alejandro Sobrado e Xan Ceide. Samuel Rodríguez foi o máis destacado nesta competición, quedando moi cerca dos postos do pódium deste evento no que tomaron parte centros de toda Galicia e na que o noso centro foi o único representante da provincia de Lugo.

Obradoiro de bolboretas

Ed. Primaria

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria asistiu a un obradoiro moi interesante sobre as bolboretas, a través da Asociación Mundobicho, que tanto éxito e demanda ten no ámbito escolar.

Cada obradoiro tivo unha duración aproximada dunha hora e os nenos e nenas puideron ver as distintas especies de volvoretas, eirugas e casullos, así como toda a fase do ciclo da vida dunha bolboreta, coñecendo deste xeito as súas características morfolóxicas e funcionais, as difertencias entre as que son diurnas e nocturnas e tamén coñecer as especies de volvoretas máis comúns do noso entorno.

Apadriñamento lector. Semana do Libro

Ed. Infantil e Primaria

Ao longo desta semana no noso centro levouse a cabo, co alumnado de educación infantil e educación primaria, unha actividade de apadriñamento lector, con motivo da celebración da Semana do Libro. Nesta actividade, o alumnado de 3º a 6º de educación primaria leu diferentes contos aos máis pequenos do colexio, co obxectivo de fomentar os vínculos entre todo o alumnado do centro e mellorar en última instancia a convivencia escolar.

Campo a través. Escairón

Dep. Ed. Física

O pasado venres 19 de abril disputouse en Escairón a cuarta proba puntuable do circuíto de campo a través dos concellos da zona sur da provincia de Lugo. De novo acudimos cunha boa representación de nenos e nenas do noso centro educativo, que puideron desfrutar dunha estupenda xornada deportiva celebrada nunha fermosa Carballeira da localidade da Ribeira Sacra.

 

En canto ós resultados, lográronse un bo número de pódiums, xa que Leo Arias ocupaba a segunda posición na categoría benxamín, mentres que Sabela Sánchez ocupaba a terceira posición na proba alevín. Susana López e David Viña gañaban as súas respectivas carreiras na categoría infantil, e na carreira cadete, Hugo Ferro era segundo e Mateo Villar ocupaba a terceira posición.

Día do Libro

Antolín Martínez

 

Obradoiro de prevención á adicción ós videoxogos

Dep. Orientación

O alumnado de 2º e 3º da ESO participou nun taller sobre prevención de adicción a internet e os videoxogos, nunha charla que estivo a cargo de Gerardo Rodríguez, da Asociación Agalure, unha asociación  que ofrece axuda a persoas que padecen a enfermidade da ludopatía ou outras adiccións a sustancias ou comportamentais, como é o caso da sobreexposición ás redes sociais ou os videoxogos, unha problemática que lle afecta a un bo número de escolares e que por iso, dende o centro, consideramos fundamentais este tipo de obradoiros para a prevención e concienciación desas adiccións.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto colaborador que o noso centro educativo ten co Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Castro de Rei, Begonte e Friol e forma parte do programa de actividades do Departamento de Orientación.

Fogares e comedeiros para paxaros

Equipo de Biblioteca  Mestres Gandeiros

Coa chegada da primavera as aves están máis presentes nas nosas paisaxes. Moitas especies fan os seus niños nas árbores para darlle a benvida as súas crías e podemos desfrutar do seu canto. Con ánimo de afondar no mundo da ornitoloxía, ciencia que estuda as aves, consultamos o libro Guía definitiva das aves da Galiza, de Salvador Lueiro, pintamos aves atendendo as cores da súa plumaxe e decoramos casiñas e comedeiros para os paxaros que veñen visitar o noso patio. Así poderemos observalos en directo!

Distribuir contido