Escola PAIS NAIS

Xornada de intelixencia emocional

Escola de Nais e Pais

O xoves 29 de febreiro tivo lugar a primeira sesión do curso de intelixencia emocional baseado no mindfulness para ás familias do noso centro educativo,  que se enmarca dentro do programa de actividades da Escola de Nais e País.

Este curso ten como obxectivo despregar, practicar e integrar as competencias emocionais que compoñen a Inteligencia Emocional, co fin de mellorar o propio autocoñecemento, autocoidado e benestar individual.

O curso proporciona ferramentas concretas para a autoconciencia, autoregulación e habilidades sociais, con aplicación directa nos diversos contextos persoais e profesionais.

Esta primeira sesión foi a primeira dun total de catro que se desenrolarán tamén no mes de marzo e abril do presente curso escolar, e están dirixidas por Marta Vales, experta en mindfulness e educación emocional e que xa se fixo cargo de máis obradoiros para o alumnado e para as familias no noso centro educativo.

Educación emocional

Escola de Nais e Pais

O 24 de novembro contamos na nosa escola coa formadora en educación emocional Marta Vales; experta en mindfulness, volve ao centro para falar da educación emocional para a igualdade. Podedes consultar aquí tanto a súa presentación coma un resumo sobre o contido da charla.

2ª Xornada Escola de Nais e Pais

Escola de Nais e Pais

O luns 30 de Outubro celebrouse a segunda xornada da Escola de Nais e Pais a cargo de Mercedes de Santaló, na que foi unha sesión máis práctica sobre os límites e normas a por nos seus fillos e fillas, na que é a primeira temática a tratar neste curso escolar.
Así, traballouse sobre tres ferramentas que son de gran utilidade para por en práctica:

  1. Opcións limitadas: Que o neno ou nena comprenda, recorde e teña opicións para executar unha norma, e na que se lle dean máis dunha opción para executar dita norma.
  2. Choiva de ideas: Neste paso debemos explicar a norma, facer unha choiva de ideas e pasar o filtro das 3 R: que sexa respectuosa, razoable e relacionada. Das válidas, elíxese unha entre todos, ponse en práctica e  revísase á semana.
  3. Cala e actúa. Explicamos a dificultade que temos, asegurámonos de que o entendera e actuamos, sen repeticións, nin sermóns e sen avisar, sen perder o control e dun xeito firme.

Esta actividade contou coa colaboración do Servizo de Prevención de Conductas Adictivas dos Concellos de Begonte, Castro de Rei, Rábade, Outero de Rei e Friol.

Primeira sesión da Escola de Nais e Pais

Dep. Orientación

O luns 16 de outubro, na biblioteca do noso centro, tivo lugar a primeira sesións de nais e país a cargo da pedagoga Mercedes de Santaló, que fixo un máis que interesante taller sobre as normas e os límites nas condutas dos nenos e das nenas dende una disciplina positiva, da que a autora é unha das maiores expertas no ámbito autonómico.

Na mesma, falouse da importancia de centrar o foco de atención non tanto no menor como na conduta do propio adulto, xa que a actitude do mesmo na interrelación con seu fillo ou filla determinará a propia forma de actuar do mesmo. Deste xeito, aspectos tan sinxelos como dedicarlle todos os días atención ás problemáticas que poidan plantexar os menores pode mellorar de xeito moi significativo o seu comportamento. Por outra banda, estas condutas deben de ter unha continuidade para que sexan efectivas, como se de un adestramento se tratase ata que se automaticen e poidan ser significativas.

Esta primeira sesión tivo un carácter máis teórico e o vindeiro día 30 de outubro terá continuidade cunha sesión máis práctica onde se levará a cabo todo o explicado nesta primeira toma de contacto coa Escola de Nais e País, e na que se tratarán de acercar ás familias temas de gran interese e actualidade para a educación e formación dos nenos e nenas de Friol.

Escola de Nais e Pais

Escola de Nais e Pais

O vindeiro luns 16 arrancamos unha nova andaina da Escola de Nais e Pais, onde trataremos temas relacionados coa educación do noso alumnado e orientado para unha mellor formación complementaria de todo o que implica a educación dos nenos e nenas da nosa comunidade educativa

Arrancamos cunha interesante charla sobre os límites e normas dunha das mellores e máis exitosas especialistas da nosa comunidade, Mercedes De Santaló.

Educación emocional (Primaria - Secundaria). Escola de pais e nais

Dep. Orientación

"CUANTO MÁS ABIERTOS ESTEMOS A NUESTROS PROPIOS SENTIMIENTOS, MEJOR PODREMOS LEER LOS DE LOS DEMÁS"(DANIEL GOLEMAN)

A comunicación, ou comunicación emocional é un dos condicionantes máis importantes do contexto familiar, xa que establece as interaccións entre os membros da familia. Na infancia normalmente dende a familia prestase máis atencións aos fillos/as e cando van medrando  adoitase a relaxar a supervisión, comunicación e interacción  cos fillos e fillas con respecto a etapas anteriores. Con todo, o feito de que os nenos e nenas agora teñan algo máis de autonomía non debe supoñer perder de vista a súa evolución. É importante que tanto nais como  os pais sigan mantendo bos niveis de comunicación, que faciliten o coñecemento e o encontro persoal e axuden a levar a cabo unha correcta tarefa de acompañamento. A comunicación familiar non é unicamente un medio para coñecer mellor o que fan, pensan ou senten os nosos fillos/as, senón que tamén pode, entre outros efectos, ter unha influencia positiva no autoconcepto daqueles, de modo que a comunicación familiar convértase nun factor de protección.

Como si dunha planta se tratase os nosos fillos e fillas precisan ao longo do seu desenvolvemento:

  • a auga (dispoñibilidade);
  • a luz (confianza );
  • a terra (accesibilidade);
  • o abono (recoñecemento- valoralos);
  • afecto: (móstrolles agarimo).

VIDEOS :

https://www.youtube.com/watch?v=n5mcIfmBLrg

https://www.youtube.com/watch?v=kN4B2Sd7qYY

https://www.youtube.com/watch?v=Tyg-NzqElOE

 

María Barreiro Domínguez

Coordinadora do Servizo de prevención de Condutas Adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

Obradoiro de educación emocional para pais e nais

Dep. Orientación

ESCOLA NAIS E PAIS.

OBRADOIRO EDUCACIÓN EMOCIONAL NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

A familia é a nosa  primeira escola para o aprendizaxe emocioal; Daniel Goleman. Si existe un ámbito onde é imprescindible que se desenvolvan de xeito adecuado as competencias emocionais, este é a familia. Os fortes lazos emocionais entre nais, pais e fillas e fillos fai preciso que ambos podan aprender a ser emocionalmente intelixentes co obxectivo dunha boa relación familiar que beneficie a todas as partes, e que ao mesmo tempo vai a influír no ámbito educativo e social da comunidade.

É importante ensinar as fillas e fillos a conectar consigo mesmos para comprender mellor como se senten e buscar a parte oculta que hai detrás das condutas, para traballar dende  o fondo ou as motivacións que hai tras de algunhas condutas concretas. A asertividade, a escoita activa e a empatía entre outras son claves para expresar as emocións e comprender e acompañar as emocións das outras persoas.

Preme os enlaces:

¿Qué pasa por tu mente? | UNICEF

Victor Küppers: Por qué es tan importante aprender a escuchar

María Barreiro Domínguez

Coordinadora do Servizo de prevención de Condutas Adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

RECURSOS

Distribuir contido