ANPA
Obradoiro de música tradiconal
ANPA
O alumnado de educación infantil asisitiu a un obradoiro de música tradicional impartido pola compoñente da escola de música Tradescola, Branca Vilares, que xa estivo en varias ocasións no noso centro con formacións e actuacións similares. Branca é unha das voces máis salientables da escena tradicional no no noso país e fixo tres sesións para o alumnado de educación infantil, unha por nivel e que foi do agrado de todos os nenos e nenas nesta viaxe ao corazón da música tradicional.
Esta actividade foi posible gracias a xentileza da ANPA do noso centro e enmárcase dentro da liña de colaboración que temos con dita asociación ao longo do curso escolar.
Charla sobre resolución de conflitos e dificultades sensoriais
A ANPA do noso centro educativo organizou unha sesión formativa sobre a resolución de conflitos e as dificultades sensoriais, para os membros da comunidade educativa, que foi impartida polas profesionais do Servizo de Atención Temperá de Friol.
A charla fixo fincapé na importancia da comunicación e os distintos estilos das canles comunicativas, ademais dos estilos de aprendizaxe e da análise dos conflitos no relativo ás persoas e ós procesos, así como os pasos a seguir para a resolución dos mesmos. Tamén se puxo en valor as habilidades socio emocionais para a resolución de ditos conflitos e algunha estratexia a seguir.
ANPA
A ANPA é unha asociación sen ánimo de lucro da que poden formar parte todos os pais e nais que o desexen e que serve de conexión entre as familias e o Centro axudando en todo o que se precise.
Xunta directiva:
- Presidenta: Noela Burgo Lodeiro
- Vicepresidenta: Mª Ángeles Buján Burgo
- Secretaria: Mónica Marqués Suárez
- Tesoureira: Ángeles Viña Serén
- Vogal: Laura Jul Aparicio
- Vogal: Lorena López Penelas
- Vogal: Vanessa Fernández Saavedra
Para poñerse en contacto coa ANPA:
679690190
anpalopezsuarezfriol@gmail.com