Actualidade

O Enredo do Abelleiro

Ed. Primaria  Mestres Gandeiros

O alumnado de 1° e 2° de primaria visitou o Museo Vivinte do Mel, tamén chamado "O Enredo do Abelleiro", en Arzúa. Alí escoitamos como é o marabilloso mundo da apicultura: os diferentes tipos de abellas, as súas funcións, ciclo de vida, as ferramentas e vestimenta do apicultor...Tamén aprendemos a fabricar candeas nun abradoiro con cera, e como non, probamos e envasamos o produto estrela das abellas: o mel!

Actividade DGT

Dep. Orientación

Por segunda vez no presente curso escolar, membros da DGT de Lugo estiveron presentes no noso centro para realizar dúas actividades de máximo interés para o noso alumnado

Na primeira, José Ramón López, membro da Guardia Civil de Tráfico, deulles unha charla ao alumnado de 3º e 4º da ESO sobre a que idades e en que condicións poderían manexar vehículos agrícolas. Cabe dicir que esta charla foi realizada a petición e por interese do alumnado, o cal nos congratula que mostren as súas inquedanzas dentro do sistema educativo.

Por outra banda, despois realizouse un Escape Room co alumnado de 4º da ESO, onde se trataron diversos aspectos relacionados oa educación viaria, sendo unha actividade global e participativa en grupos de 4 alumnos e alumnas.

Presentación de documental e actividade con motos con Jorge Prado

Dep. Ed. Física

O pasado xoves 9 de mmaio o alumnado de 3º e 4º da ESO foi partícipe dun dos momentos máis importantes da programación deportiva do noso centro educativo, xa que asistiron na Facultade de Humanidades de Lugo á presentación do documental sobre a carreira deportiva de Jorge Prado, o mellor deportista lucenese de todos os tempos e actual campión do mundo de motocross MXGP, a categoría raíña, espectacular disciplina deportiva. Ademais, despois do documental, o noso alumnado puido conversar, facerse fotos e tomar parte con minimotos eléctricas dun pequeno circuíto construído no aparcamento da facultade para deleite dos que quixeron probar a emular o gran campión lucense.

O noso centro foi o único que tomou parte neste evento, polo que os nenos e nenas puideron trasladarlle as inquedanzas e preguntas a Jorge Prado, que lles falou da importancia dos valores do traballo, o esforzo, a disciplina e o amor polo traballo que un fai como elementos clave para trinfar na vida. Dende o centro queremos dar as gracias ó Servizo de Deportes da USC por darnos a oportunidade de poder desfrutar deste momento tan emotivo para o noso alumnado.

I torneo de billar

Dep. Ed. Física

No presente trimestre escolar, o alumnado da ESO foi partícipe dun torneo de billar realizado no noso centro, gracias á xentiliza do Club de Billar Adai, de O Corgo, que nos deixou en préstamo unha mesa de billar para promocionar dito deporte aquí en Friol. O torneo contou cunha nutrida participación de nenos da ESO, que realizaron distintas eliminatorias ata chegar ao cadro final de gañadores e de postos de honra. Ademais da celebración deste torneo, tamén nos períodos de lecer do centro, é habitual que os nenos e nenas se acerquen ata onde está a mesa de billar para iniciarse neste deporte.

Os resultados finais do I Torneo de Billar, que se disputaba baixo a modalidade de parellas é o seguinte:

Campións: Abel Fagil e Iván Neira
Subcampións: Joel Pereira e Samuel Villar
Tercer posto: Mateo Villar e Manuel Folgueira.

Taller "Navega con rumbo"

Dep. Orientación

O noso centro tomou un ano máis parte no programa da Xunta de Galicia “Navega con Rumbo”, e foi a través do alumnado de 1º e 2º da ESO, así como os de 5º e 6º de educación primaria.
O programa “Navega con Rumbo” está encamiñado por unha parte do alumnado para guialos a unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede, e por outra parte, para o profesorado e para as familias, facéndoos partícipes das recomendacións que eles poidan aprender e que sexan transmisores de boas prácticas para os menores e adolescentes.

Visita ó Castro Friulio

Ed. Infantil

O alumnado de educación infantil acudiu ó Castro Friulio do noso pobo con motivo da celebración desta festa de recreación histórica e que tanta repercusión ten no pobo, así como no noso centro, onde colaboramos coa Asociación A Castronela na elaboración de concursos e tarefas didácticas para unha boa concienciación de dita festa entre o noso alumnado.

Na visita, os nenos e nenas de educación infantil puideron observar como os integrantes desta asociación se caracterizaban para que puidesen ver como era a vida diaria nunha localización castrexa, así como a recreación dunha batalla que foi do gusto dos nenos e nenas de educación infantil.

Correlingua 2024

EDLG

O alumnado de 6º de educación primaria, así como o de 3º da ESO desprazáronse o pasado mércores 8 de maio á cidade de Lugo para tomar parte no Correlingua, un evento reinvidicativo na defensa da nosa lingua e da súa importancia na transmisión cultural e tamén como signo identitario do noso pobo.

O evento comenzou ás 11 da mañá coa saída da andaina dende a praza de Santa María, e percorreu a muralla lucense. Despois pasouse á lectura dun manifesto a cargo do alumnado, así como á actuación do grupo musical Cuarta Xusta.

Día Mundial da Filatelia

Antolín Martínez

El Día Mundial de la Filatelia es una fecha especial en la que celebramos la afición de coleccionar y estudiar sellos. Los sellos son como pequeños tesoros que nos cuentan historias sobre diferentes países, personas famosas, animales y eventos importantes. La filatelia nos ayuda a viajar por el mundo sin movernos de casa y a aprender sobre la historia y la cultura de otros lugares.

Festas primaverais

Equipo de Biblioteca

Chegou a primavera!! Especialmente na nosa biblioteca, cuxas fiestras foron decoradas polo noso alumnado con elementos significativos desta estación: sol, flores, insectos... Quedaron chulísimas!

Cross de Chantada

Dep. Ed. Física

O pasado sábado 4 de maio tivo lugar a quinta e derradeira proba do circuíto de campo a través da zona sur, que se disputou na localidade de Chantada e que reuniu a un bo número de nenos e nenas do club de atletismo do noso centro educativo, que na súa gran maioría fixo o circuito íntegro.

Ao final das probas, fíxose entrega dos premios relativos á proba chantadina, para, a continuación, pasar a entrega dos trofeos aos mellores clasificados no cómputo de todas as probas do circuíto.

Na categoría alevín masculino, Hugo Penas clasificábase na terceira posición da xeral final, mentres que as súas compañeiras, Sabela Sánchez e Ada Ceide, lograban a segunda e terceira posición final na parcela feminina.

Pola súa parte, a categoría infantil era dominada polos nosos representantes, xa que tanto Susana López como David Viña conquerían as súas respectivas vitorias tanto na parcela masculina como feminina.

Por último, na categoría cadete houbo un triplete dos nosos representantes: Hugo Ferro, Mateo Villar e Martín Díaz acadaban as tres primeiras posicións respectivamente no global do circuito.

Distribuir contido