Actualidade

Obradoiro de educación emocional

Dep. Orientación

De novo comezamos unhas novas sesións cos obradoiros da educación emocional nos cursos de 2º e 3º de educación primaria a cargo de María Barreiro, que se enmarcan dentro da liña de colaboración que o noso centro ten co organismo que representa. A educación emocional constitúe un dos aspectos básicos a tratar dende o punto de vista educativo por parte dos centros educativos e que tanto inflúe na formación do alumnado en idades temperás, por iso a importancia de tratar está temática nos primeiros cursos de educación primaria.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto colaborador que o noso centro educativo ten co Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Castro de Rei, Begonte e Friol.

Agradecemos a súa continua e desinteresada colaboración co noso colexio e que terá continuidade con outros obradoiros a celebrar neste trimestre co alumnado de educación primaria e secundaria.

Obradoiro de música tradiconal

ANPA

O alumnado de educación infantil asisitiu a un obradoiro de música tradicional impartido pola compoñente da escola de música Tradescola, Branca Vilares, que xa estivo en varias ocasións no noso centro con formacións e actuacións similares. Branca é unha das voces máis salientables da escena tradicional no no noso país e fixo tres sesións para o alumnado de educación infantil, unha por nivel e que foi do agrado de todos os nenos e nenas nesta viaxe ao corazón da música tradicional.

Esta actividade foi posible gracias a xentileza da ANPA do noso centro e enmárcase dentro da liña de colaboración que temos con dita asociación ao longo do curso escolar.

Día mundial dos humidais

Antolín Martínez

El Día Mundial de los Humedales es una efeméride para reflexionar sobre cómo nos relacionamos con el entorno. Los humedales purifican y son reservas de agua además del hogar de muchos seres vivos. Debemos por tanto actuar y aplicar el lema de este año !Restaurar la naturaleza!

Día da Paz

 

 

Ed. Infantil e Primaria

Con motivo do día internacional da paz, o noso centro non quixo deixar de celebrar unha data tan importante e con tanto valor educativo como é dita conmemoración. O alumnado de educación infantil e primaria traballou co profesorado destas dúas etapas educativas no valor e simbolismo que representa e que transmite un mundo e unhas relación personais e sociais presididos pola concordia e pola amizade.

Todo este traballo de aula se dispuxo nunha foto conxunta que se realizou na pista de secundaria coa formación da palabra PAZ por parte de todo o alumnado de educación infantil  e primaria, así como a composición dun fermoso mural representado por barcos de papel que se van despregando ao longo das paredes do edificio e que simbolizan o camiño deses barcos na procura da paz. Esta representación está baseada no poema O Mensaxeiro da Paz de Melba Fernández:

Un branco e pequeño barco
con bandeiras de cores
foi percorrer os mares
cargado de vistosas flores
 
É un barco de papel
como di a canción
pero é tan bonito e alegre
que conmove o corazón
 
Por cada porto do mundo
xa o vemos avanzar.
Deixános sempre unha mensaxe:
En paz queremos estar.

Obradoiro: Logo da Paz

Equipo Biblioteca

Para conmemorar o Día da Paz traballamos dende a biblioteca o Icono ☮, deseñado polo deseñador gráfico Gerald Holtom en 1958, e que se fixo mundialmente recoñecido nos anos 60 polo movemento hippie. Quedáronnos xenial!

Segundo encontro zonal do equipo de natación

Dep. Ed. Física

O pasado sábado 27 de xaneiro tivo lugar en Monforte de Lemos a segunda experiencia competitiva do recentemente creado equipo de natación do noso centro educativo e no cal tomaron parte 9 nenos e nenas da categoría benxamín e alevín, que toman parte dentro do programa Xogade e que neste zonal competiron con nenos e nenas da zona sur da provincia, tanto de Chantada como da propia localidade de Monforte.

Os nosos representantes tiveron un bo papel e seguen sumando experiencia neste apaixonante deporte que este ano estamos a pontenciar dende o centro, xa que ademais deste equipo estase ofertando ao alumnado do primeiro ciclo de primaria un curso de iniciación á práctica da natación, que se desenrolará durante este trimestre no Club Fluvial de Lugo.

O resultado máis salientable desta xornada foi a vitoria de Aaron Castro nos 25 metros espalda, así como o segundo posto de Eric Gallardo nos 25 metros libres. Todos os nenos e nenas disputaron as probas de estilo libre, braza, espalda así como a proba de remudas. No mes de febreiro haberá unha nova xornada.

Primeira proba do Equipo de Bádminton

Dep. Ed. Física

Bo debut na presente tempada do Equipo de Bádminton do noso centro educativo, que dirixe o profesor Marcos López.  Como no curso anterior, un bo número de alumnos e alumnas da ESO do noso colexio decidiuse a realizar este vibrante deporte dentro do extenso número de actividades do proxecto deportivo de centro do departamento de educación física.

Neste primeiro encontro, disputado en Chantada, o noso alumnado tomou parte con clubs e centros da zona sur da provincia de Lugo, no que era unha primeira toma de contacto co deporte escolar que terá o seu punto principal no campionato provincial que se dispute na primavera.

Os integrantes do equipo de badminton nesta primeira proba foron os seguintes.

Probas de habilidades motrices

Dep. Ed. Física

O noso centro participa, a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago, no proxecto estatal Alfa-Mov, que se basea na avaliación das competencias e habilidades motrices do alumnado cara a unha boa adquisición de estilos de vida saudables .

No día de hoxe realizaron estas probas os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de educación primaria, cunha serie de probas que consistía en carreiras, equilibrio, lanzamentos, recepcións, escalada, entre outras. En vindeiras datas  continuarán facéndose estas probas ao resto do alumnado de educación primaria.

Día Internacional da Educación

Antolín Martínez

Hoxe, 24 de xaneiro, é o Día Internacional da Educación. Sería interesante reflexionar sobre as palabras de María Montessori: "A responsabilidade de evitar conflitos incumbe aos políticos; a de establecer unha paz duradeira aos mestres". A clase de 4° fixemos un pequeno vídeo conmemorativo.

Visita cultural de 4º de Primaria

Antolín Martínez

O 18 de xaneiro o alumnado de 4° reaulizou unha visita con carácter cultural e á vez lúdico á cidade de Lugo. A primeira visita foi á Afundación Abanca para ver a exposición A nosa arte; a segunda ao Centro Sociocultural O Vello Cárcere, onde explicaron a evolución histórica do edificio e as diferentes actividades que nel se desenvolven. Ambas visitas contaron ademais cunha parte práctica a través de dous obradoiros.

Distribuir contido