Actualidade

Segundo encontro zonal do equipo de natación

Dep. Ed. Física

O pasado sábado 27 de xaneiro tivo lugar en Monforte de Lemos a segunda experiencia competitiva do recentemente creado equipo de natación do noso centro educativo e no cal tomaron parte 9 nenos e nenas da categoría benxamín e alevín, que toman parte dentro do programa Xogade e que neste zonal competiron con nenos e nenas da zona sur da provincia, tanto de Chantada como da propia localidade de Monforte.

Os nosos representantes tiveron un bo papel e seguen sumando experiencia neste apaixonante deporte que este ano estamos a pontenciar dende o centro, xa que ademais deste equipo estase ofertando ao alumnado do primeiro ciclo de primaria un curso de iniciación á práctica da natación, que se desenrolará durante este trimestre no Club Fluvial de Lugo.

O resultado máis salientable desta xornada foi a vitoria de Aaron Castro nos 25 metros espalda, así como o segundo posto de Eric Gallardo nos 25 metros libres. Todos os nenos e nenas disputaron as probas de estilo libre, braza, espalda así como a proba de remudas. No mes de febreiro haberá unha nova xornada.

Primeira proba do Equipo de Bádminton

Dep. Ed. Física

Bo debut na presente tempada do Equipo de Bádminton do noso centro educativo, que dirixe o profesor Marcos López.  Como no curso anterior, un bo número de alumnos e alumnas da ESO do noso colexio decidiuse a realizar este vibrante deporte dentro do extenso número de actividades do proxecto deportivo de centro do departamento de educación física.

Neste primeiro encontro, disputado en Chantada, o noso alumnado tomou parte con clubs e centros da zona sur da provincia de Lugo, no que era unha primeira toma de contacto co deporte escolar que terá o seu punto principal no campionato provincial que se dispute na primavera.

Os integrantes do equipo de badminton nesta primeira proba foron os seguintes.

Probas de habilidades motrices

Dep. Ed. Física

O noso centro participa, a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago, no proxecto estatal Alfa-Mov, que se basea na avaliación das competencias e habilidades motrices do alumnado cara a unha boa adquisición de estilos de vida saudables .

No día de hoxe realizaron estas probas os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de educación primaria, cunha serie de probas que consistía en carreiras, equilibrio, lanzamentos, recepcións, escalada, entre outras. En vindeiras datas  continuarán facéndose estas probas ao resto do alumnado de educación primaria.

Día Internacional da Educación

Antolín Martínez

Hoxe, 24 de xaneiro, é o Día Internacional da Educación. Sería interesante reflexionar sobre as palabras de María Montessori: "A responsabilidade de evitar conflitos incumbe aos políticos; a de establecer unha paz duradeira aos mestres". A clase de 4° fixemos un pequeno vídeo conmemorativo.

Visita cultural de 4º de Primaria

Antolín Martínez

O 18 de xaneiro o alumnado de 4° reaulizou unha visita con carácter cultural e á vez lúdico á cidade de Lugo. A primeira visita foi á Afundación Abanca para ver a exposición A nosa arte; a segunda ao Centro Sociocultural O Vello Cárcere, onde explicaron a evolución histórica do edificio e as diferentes actividades que nel se desenvolven. Ambas visitas contaron ademais cunha parte práctica a través de dous obradoiros.

Punto de Información Xuvenil no noso centro

Dep. Orientación

Hoxe estivo no noso centro unha representante do Punto de Información Xuvenil da Xunta de Galicia para asesorar e informar ao noso alumnado das ventaxes e das posibilidades que ofrece a validación do carné xove.

Esta actividade tivo un considerable éxito entre o noso alumnado, xa que foron moitos e moitas os que fixeron uso tanto da activación como da creación do carné xove, facilitando así dende o centro a oportunidade para que todos e todas teñan a posibilidade de estar ao tanto de todas as ventaxes deste servizo no seu día a día.

Curso de iniciación á natación

Dep. Ed. Física

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria, acompañados dos seus titores, Victoria e Ricardo, desprazáronse ás instalacións do Club Fluvial de Lugo para tomar parte da primeira sesión do curso de iniciación á natación, que este centro ten programado para este trimestre escolar para dito alumnado.

Esta actividade é posible gracias ao finanzamento do Concello de Friol, que cubre en exclusiva tanto os gastos derivados da formación como do desprazamento ás instalación do Club Fluvial. Os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria terán un total de 9 sesións neste trimestre, que se celebrarán nas mañás dos mércores. Damos así a posibilidade aos nenos do rural de realizar un dos deportes máis completos e formativos que existen e de poder realizalo en horario lectivo, de xeito que a totalidade do alumnado poida ser partícipe de dita actividade. Esta acción enmárcase dentro do proxecto deportivo do noso centro e conxuntamente coa creación do equipo de natación do noso centro, supón un importante impulso deste deporte no noso colexio.

Fuerzas Armadas. Charla.

Dep. Orientación

Representantes do Ministerio de Defensa estiveron o mércores 20 de decembro no noso centro educativo para realizar unha charla didáctica sobre as posibilidades de saída profesional dentro do exército para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades formativas do departamento de orientación segundo o interese e aceptación do noso alumnado para ditas saídas profesionais.

Teatro en Inglés

Dep. Inglés

O alumnado de educación infantil e educación primaria asistiu a unha obra de teatro en inglés organizada por este departamento e que estivo dividida en dúas representacións.

A primeira titulábase Lost in Space e ía dirixida ao alumnado de educación infantil, así como o de 1º,2º e 3º de educación primaria. A través de Lara, unha exploradora espacial, os nenos coñeceron o universo visitando os planetas nunha nave espacial e viron a moitos alienígenas, entre eles a Benny, que andaba perdido polo espacio e necesitou da axuda dos nenos e nenas para volver a súa casa.

A continuación representouse a obra Robinson Crusoe para os nenos e nenas de 4º,5º e 6º de educación primaria, que era unha adaptación do conto clásico de Daniel Dafoe, onde un naufrago terá que buscarse a vida, descubrindo así os segredos da supervivencia….en inglés.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Equipo de Biblioteca

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade, por iso durante este mes dende a Biblioteca realizamos obradoiros de iniciación ao Braille. Aprendemos a escribir e ler o noso nome neste sistema!

Distribuir contido