Presentación de documental e actividade con motos con Jorge Prado

Dep. Ed. Física

O pasado xoves 9 de mmaio o alumnado de 3º e 4º da ESO foi partícipe dun dos momentos máis importantes da programación deportiva do noso centro educativo, xa que asistiron na Facultade de Humanidades de Lugo á presentación do documental sobre a carreira deportiva de Jorge Prado, o mellor deportista lucenese de todos os tempos e actual campión do mundo de motocross MXGP, a categoría raíña, espectacular disciplina deportiva. Ademais, despois do documental, o noso alumnado puido conversar, facerse fotos e tomar parte con minimotos eléctricas dun pequeno circuíto construído no aparcamento da facultade para deleite dos que quixeron probar a emular o gran campión lucense.

O noso centro foi o único que tomou parte neste evento, polo que os nenos e nenas puideron trasladarlle as inquedanzas e preguntas a Jorge Prado, que lles falou da importancia dos valores do traballo, o esforzo, a disciplina e o amor polo traballo que un fai como elementos clave para trinfar na vida. Dende o centro queremos dar as gracias ó Servizo de Deportes da USC por darnos a oportunidade de poder desfrutar deste momento tan emotivo para o noso alumnado.