Primeira sesión da Escola de Nais e Pais

Dep. Orientación

O luns 16 de outubro, na biblioteca do noso centro, tivo lugar a primeira sesións de nais e país a cargo da pedagoga Mercedes de Santaló, que fixo un máis que interesante taller sobre as normas e os límites nas condutas dos nenos e das nenas dende una disciplina positiva, da que a autora é unha das maiores expertas no ámbito autonómico.

Na mesma, falouse da importancia de centrar o foco de atención non tanto no menor como na conduta do propio adulto, xa que a actitude do mesmo na interrelación con seu fillo ou filla determinará a propia forma de actuar do mesmo. Deste xeito, aspectos tan sinxelos como dedicarlle todos os días atención ás problemáticas que poidan plantexar os menores pode mellorar de xeito moi significativo o seu comportamento. Por outra banda, estas condutas deben de ter unha continuidade para que sexan efectivas, como se de un adestramento se tratase ata que se automaticen e poidan ser significativas.

Esta primeira sesión tivo un carácter máis teórico e o vindeiro día 30 de outubro terá continuidade cunha sesión máis práctica onde se levará a cabo todo o explicado nesta primeira toma de contacto coa Escola de Nais e País, e na que se tratarán de acercar ás familias temas de gran interese e actualidade para a educación e formación dos nenos e nenas de Friol.