2ª Xornada Escola de Nais e Pais

Escola de Nais e Pais

O luns 30 de Outubro celebrouse a segunda xornada da Escola de Nais e Pais a cargo de Mercedes de Santaló, na que foi unha sesión máis práctica sobre os límites e normas a por nos seus fillos e fillas, na que é a primeira temática a tratar neste curso escolar.
Así, traballouse sobre tres ferramentas que son de gran utilidade para por en práctica:

  1. Opcións limitadas: Que o neno ou nena comprenda, recorde e teña opicións para executar unha norma, e na que se lle dean máis dunha opción para executar dita norma.
  2. Choiva de ideas: Neste paso debemos explicar a norma, facer unha choiva de ideas e pasar o filtro das 3 R: que sexa respectuosa, razoable e relacionada. Das válidas, elíxese unha entre todos, ponse en práctica e  revísase á semana.
  3. Cala e actúa. Explicamos a dificultade que temos, asegurámonos de que o entendera e actuamos, sen repeticións, nin sermóns e sen avisar, sen perder o control e dun xeito firme.

Esta actividade contou coa colaboración do Servizo de Prevención de Conductas Adictivas dos Concellos de Begonte, Castro de Rei, Rábade, Outero de Rei e Friol.