Semana da prensa: Noticias agropecuarias

Biblioteca  Mestres Gandeiros

No cole celebramos a semana da prensa, así que os xornais estiveron moi presentes na nosa biblioteca. O alumnado que o desexou manipulou e pescudou sobre novas relacionadas coas actividades agropecuarias e a vida no rural, clasificándoas segundo o tipo de noticia: cultural, social, tecnolóxica-científica... Estamos máis informados que nunca!

8M. Charla e visita á Torres de San Paio de Narla

EDLG

Un dos símbolos máis importantes da cultura friolense, como é a Torre de San Paio de Narla, foi obxecto dunha charla da historiadora local Cristina Barreiro, que lles amosou ao alumnado de 3º de 4º da ESO como deben valorar o noso patrimonio e, como decía o título do relatorio, vibrar con el. Este evento tamén se encadra dentro das conmemoracións do Día Internacional da Muller, que se levou a cabo no noso centro educativo.

Esta charla complementouse cunha visita á Torre por parte do mesmo alumnado, onde Cristina Barreiro lles explicou a historia dun monumento que é un referente na cultura galega. No seguinte trimestre continuaremos con este mesmo tipo de formacións con outros edificios de importancia cultural do noso pobo.

8 M. Obradoiro de artesanía

Mestres Gandeiros

Outro dos actos relacionados coa celebración do Día Internacional da Muller no noso centro foi a realización dun obradoiro de artesanía para o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria a cargo de Macu Díaz, artesá emprendedora de Cotá.

Os nenos e nenas experimentaron co barro distintas formas, realizando galletas, flores, volcáns, tazas, xarróns, etc, e tamén puideron desfrutar da súa textura e moldeabilidade. Foi unha sesión moi do agrado do alumnado. 

Mesa redonda "Mulleres Gandeiras"

Mestres Gandeiros

Un dos puntos fortes da celebración do 8 M foi a mesa redonda que protagonizaron as mulleres gandeiras de Friol, que explicaron ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria o seu día a día nas súas explotacións e tamén na súa condición de nais, empresarias e coidadoras.

As nais participantes foron Gemma Modia, nai de Leo e Borja Arias; María Jose Pena, nai de Noa Mouriz; Inés Jul, nai de Erea, Uxía e Iria Pacín e, por último, Sandra Varela, nai de Antón Corral. Todas elas falaron do orgullo e paixón que sinten por adicarse a unha profesión que se enmarca dentro da identidade de vida do pobo e que supón un dos sectores productivos e financieiros máis importantes da nosa comunidade.

Día Internacional da Tortilla

Antolín Martínez

Mañá día 9 é un data xenial para degustar unha delicia da gastronomía española. Dade unha ollada ao video para ver de que se trata e animádavos a cociñar.

Sesición de Breakdance

 Dep. Ed. Física 

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria asistiu a unha sesión de iniciación ao breakdance a cargo do grupo lucense Gravity, especialistas en bailes contemporáneos.

Tanto os nenos como as nenas destes cursos tiveron unha sesión técnica dos pasos e movementos fundamentais para elaborar as distintas coreografías e coñecer máis de primeira man todas estas particularidades.

Probas de habilidades motrices

Dep. Ed. Física

O noso centro participa, a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago, no proxecto estatal Alfa-Mov, que se basea na avaliación das competencias e habilidades motrices do alumnado cara a unha boa adquisición de estilos de vida saudables .

No día de hoxe realizaron estas probas os alumnos e alumnas de 4º,5º e 6º de educación primaria, cunha serie de probas que consistía en carreiras, equilibrio, lanzamentos, recepcións, escalada, entre outras. Estas probas completáronse cunhas enquisas ás familias sobre os hábitos de vida saudable.

Charla "Ciencia á Feira"

Dep. Ciencias Naturais

O alumnado de 1º da ESO e o de 6º de educación primaria asistiu a unha nova charla didáctica do programa Ciencia á Feira, que organiza a institución Xuvenciencia en colaboración coa Deputación de Lugo en oito concellos e centros educativos de toda a provincia, entre os que se atopa o noso colexio.

Esta segunda sesión levaba como título Xestión sustentable da auga en Galicia é foi impartida pola profesora da USC Helga Peral. Esta charla estivo orientada polo ciclo da auga, a pegada hídrica e a xestión deste recurso, nos que se deu a coñecer os modelos de xestión da auga doméstica racionais e con que materiais se poden realizar.

Maletas viaxeiras

Biblioteca

Este mes desfrutaremos no cole de Friol da maleta viaxeira Biblioteca creativa,  que pon á disposición dos centros a Asesoría de Bibliotecas Escolares do CFR de Lugo. É unha actividade máis de fomento da lectura que organiza o Equipo da Biblioteca de primaria.

Xornada de intelixencia emocional

Escola de Nais e Pais

O xoves 29 de febreiro tivo lugar a primeira sesión do curso de intelixencia emocional baseado no mindfulness para ás familias do noso centro educativo,  que se enmarca dentro do programa de actividades da Escola de Nais e País.

Este curso ten como obxectivo despregar, practicar e integrar as competencias emocionais que compoñen a Inteligencia Emocional, co fin de mellorar o propio autocoñecemento, autocoidado e benestar individual.

O curso proporciona ferramentas concretas para a autoconciencia, autoregulación e habilidades sociais, con aplicación directa nos diversos contextos persoais e profesionais.

Esta primeira sesión foi a primeira dun total de catro que se desenrolarán tamén no mes de marzo e abril do presente curso escolar, e están dirixidas por Marta Vales, experta en mindfulness e educación emocional e que xa se fixo cargo de máis obradoiros para o alumnado e para as familias no noso centro educativo.

Distribuir contido