"Pegada dixital"

Dep. Orientación

O alumnado de 3° e 4° da ESO asistiu a unha charla sobre os perigos que entraña o mal uso das redes sociais na adolescencia e preadolescencia, que son as idades nas que se encontran os nenos e nenas receptores de dita charla.

Esta charla enmárcase dentro do programa institucional da Consellería de Educación, A Pegada Dixital, que busca previr situacións de acoso e ciberacoso nos centros educativos. O relator fixo fincapé no perigo que entraña un mal uso das novas tecnoloxías e, sobre todo, das redes sociais, nas súas relacións e como calquera interacción en ditas redes deixa unha pegada dixital ou rexistro que pode ser perxudicial para eles.

A charla forma parte do programa do Departamento de Orientación para a mellora das relacións e do clima de confianza e benestar emocional, que é un dos obxectivos prioritarios do Plan de Convivencia

Campo a través. Taboada

Dep. Ed. Física

O pasado venres 12 tivo lugar a terceira proba do circuíto de campo a través dos concellos da zona sur da provincia de Lugo, e de novo, o equipo do colexio estivo presente nesta nova cita atlética.

Nun día marcado pola forte calor reinante, os primeros en tomar parte foron os representantes da categoría benxamín, onde Iría Díaz conseguiría un novo pódium ó entrar en terceira posición.

Pola súa parte, na categoría alevín, Sabela Sánchez e Ada Ceide lograban a segunda e terceira posición, mentres que Hugo Penas tamén era terceiro na proba masculina.

Na categoría infantil, David Viña lograba a vitoria e Susana López conseguía a terceira posición. Por último, os nosos representantes na categoría cadete lograban un novo triplete, sendo Hugo Penas o gañador e ocupando Mateo Villar e Martín Díaz a segunda e terceira posición respectivamente.

Excursión ás Insuas do Miño

Ed. Primaria

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria realizou unha viaxe didáctica ás Insuas do Miño, que se engloba no núcleo de Reserva da Biosfera Terras do Miño.

A Ruta das Insuas é un percorrido circular dunhas 5 km no que o noso alumnado descubriu os diferentes ambientes que se atopan en ditas Insuas, dende o denso bosque aluvial ata os extensos prados con grandes e vellos carballos.

A ruta tivo unha duración de dúas horas, comenzando e rematando na Casa das Insúas (Rábade)

Obradoiro sobre a elaboración dun fanzine

Ed. Primaria

O alumnado de 6º de educación primaria realizou un obradoiro de creación dun fanzine, dentro do programa de actividades do programa IlustraNós que organiza a Deputación de Lugo, no que o noso centro toma parte. Esta actividade levaba por título Fotocopiadora de Cans Elegantes, e o alumnado tomou parte na elaboración do seu propio fanzine seguindo o traballo de Chichi Campos, a figura homenaxeada no Día da Ilustración Galega do 2024.

O alumnado desenvolveu este traballo dun xeito crítico e dende o humor, tal como facía a propia autora, seguindo a liberdade creativa que otorga o propio fanzine.

Obradoiro de primeiros auxilios

Ed. Primaria

Con motivo do Día Mundial da Saúde, o noso centro organizou un taller formativo para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria, no que as doutoras Alba Rodríguez e Olalla Quintairos lles explicaron ós nenos e nenas do noso centro o funcionamento dos distintos sistemas do corpo humano dun xeito didáctico e ameno.

Tamén, nunha fase máis práctica, puideron aprender as nocións básicas de coidar a nosa saúde e tamén a realización práctica dos primeiros auxilios a través do material que as propias doutoras lles facilitaron ós nenos e as nenas que asistiron a este taller.

Visita á Facultade Politiécnica de Lugo

Dep. Orientación

O alumnado de 4º da ESO realizou unha visita á Escola Politécnica Superior de Ingeniería da USC no marco da programación do departamento de orientación para o noso alumnado, na procura de que sexan coñecedores de primeira man da oferta universitaria e de estudios superiores que poden realizar no seu futuro máis inmediato.

A visita resultou de agrado e de interese para o noso alumnado, que puido observar tanto as instalacións de dita facultade, así como a oferta que ten para as distintas disciplinas de formación.

Carreira Popular de Guitiriz

Dep. Ed. Física

O pasado domingo 7 de abril disputouse a Carreira Popular de Guitiriz, na cal tomou parte unha boa representación de nenos e nenas do club de atletismo, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de 10 pódiums.

Na categoría prebenxamín, Arai Gallardo conseguía a segunda posición, mentras que na benxamín, Leo Arias subía ó segundo chanzo do pódium. Pola súa parte, na carreira alevín, eLucas Lage gañaba a carreira,  o seu irmán Mateo conseguía a terceira posición.

Polo que respecta á categoría infantil, Susana López acadaba a segunda posición, mentres que os cadetes conquerían un novo triplete. Hugo Ferro conseguía o triunfo e Mateo Villar e Martín Díaz entraban en segunda e terceira posición respectivamente.

Por último, na proba absoluta, Ramón Loureiro tamén subía ao máis alto na categoría xuvenil, mentres que a súa compañeira de equipo, Aldara Ceide, entraba en segunda posición.

Campo a través. Concello de Friol

Dep. Ed. Física

O equipo de atletismo do colexio tomou parte na segunda proba do circuíto de campo a través da zona sur a través do programa Xogade, e nesta ocasión, a cita era na casa, xa que nos tocaba a organización desta proba e, onde de novo, os nosos nenos e nenas tiveron unha destacada actuación logrando un bo número de pódiums.

Así, na categoría benxamín, tanto Iría Díaz como Alex Amil lograban a segunda posición nas súas respectivas carreiras, mentres que na categoría alevín, Hugo Penas lograba subir ó terceiro chanzo do pódium, e na proba feminina, Sabela Sánchez conquistaba a vitoria.

Gran actuación dos nosos representantes na categoría infantil, xa que David Viña gañaba con autoridade a proba e Susana López facía o propio na parcela feminina. Por último, novo triplete para os representantes de Friol na categoría cadete, pois Hugo Ferro entraba na primeira posición, logrando Mateo Villar e Martín Díaz a segunda e terceira posición respectivamente. Por último, Uxía Platero conquería o terceiro lugar na carreira feminina.

Charla "Ciencia á Feira". Micorrizas e microenxertos.

Dep. Ciencias Naturais

O alumnado de 6º de educación primaria e de 1º da ESO asistiu a unha nova charla do programa Ciencia á Feira, a terceira e derradeira,  que estivo organizada pola USC en colaboración co noso centro educativo. Esta acción densenrolouse tanto na biblioteca como na aula de 6º de educación primaria, onde os alumnos e alumnas puideron experimentar as distintas técnicas de micorrización controlada das árborres e microenxerto in vitro.

O alumnado poido ver como é un microenxerto, unha técnica que gracias a biotecnoloxía permite facer os enxertos mediante o cultivo in vitro, é decir, con pugas e padróns de moi pequeno tamaño que medran en tubos de ensaio.

Pola súa parte, as micorrizas son raíces modificadas formadas pola unión de raíces finas das plantas verdes e fungos altamente especiliazados que viven nelas.

Maletas viaxeiras. Rede Museística Provincial de Lugo

Ed. Primaria

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria asistiu na biblioteca a unha interesante actividade proposta polo Museo Provincial de Lugo, denominada Maletas Viaxeiras, co obxectivo de achegar o patrimonio conservado nos nosos museos ao alumnado, ofrecendo un conxunto de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e tamén de multicanle.

Durante estas dúas xornadas, os nenos e nenas trataron cuestións relativas ao patrimonio, á cultura, á comunidade e ao territorio. E fixérono en clave inclusiva: traballaron o Mapa de Fontán para analizar o seu territorio, analizaron as tallas de Asorey para conmemorar o Día das Artes Galegas, dedicado ó escultor, e coñeceron obras senlleiras dos museos como a Escola Doloriñas, de Xulia Minguillón.

Ademais, todas estas accións foron acompañadas de actividades inclusivas, como a mostra de pictogramas para persoas neurodiverxentes e visitas guiadas con material en braille, pezas táctiles, soportes con distintas texturas, etc. A actividade desenrolouse durante dous días e dúas horas, sendo a realizada o martes para o alumnado de 3º e 4º de educación primaria e o mércores para 1º e 2º.

Distribuir contido