Debut do equipo de tenis de mesa

Dep. Ed. Física

O pasado venres 23 de febreiro tivo lugar o debut dun novo equipo xestionado íntegramente polo profesorado de educación física do noso centro. Neste caso foi o equipo de tenis de mesa, un deporte que leva xa dende comezo de curso desenrolándose no noso centro educativo, grazas á compra por parte do Concello de Friol de dúas mesas de tenis de mesa para que os nenos e nenas do colexio poidan practicar este deporte nos períodos de lecer e nas clases de educación física.

O debut tivo lugar en Chantada e celebrouse en paralelo co torneo de badminton, que tamén tivo lugar na mesma localidade e que supoñía a segunda xornada preparatoria na que tomaron parte máis de 30 alumnos e alumnas da ESO do centro e que tiveron unha destacada actuación, volvendo a ser unha vez máis o grupo máis numeroso que tomou parte neste encontro.

Os membros do equipo de tenis de mesa son:

. Categoría infantil: Alex Ares, Adam Veiga, Hugo Castro, Alan García, Anxo Moreno, Yerai Fontela, Manuel Pérez, Lucas Roca

. Categoría cadete: Iván Neira, Marcos Seijas, Oihane Gómez. 

Presentación do libro "O Castro Friulio"

Felipe Barata

O pasado sábado 24 de febreiro tivo lugar no Centro Sociocultural de Friol a presentación do libro O Castro Friulio, editado pola Asociación Cultural A Castronela e escrito por Francisco Montes, membro da nosa comunidade escolar. Neste acto, no que ademais se conmemorou o Día de Rosalía, o noso centro tivo un papel protagonista, xa foi unha das institucións ás que se lle doou un libro para a biblioteca do centro e no que ademais, o colexio ten un papel situacional dentro do argumento do conto.

Neste acto, varios alumnos e alumnas tiveron un papel moi destacado no acto. Mara Montes fixo unha presentación sobre a figura de Rosalía de Castro, mentres que Icía López e Anxo Moreno leron varios fragmentos da obra da poetisa galega. Así mesmo, tanto o propio Anxo como Borja Arias figuran como protagonistas do conto O Castro Friulio.

Rosalía de Castro: a poetisa ecoloxista galega

Biblioteca  Mestres Gandeiros  EDLG

Rosalía de Castro é considerada unha das primeiras poetisas ecoloxistas de Europa, pois nas súas obras fai numerosas referencias á biodiversidade da nosa contorna e critica a tala masiva dos seus bosques. Para coñecer esta faceta de Rosalía, interactuamos dende os obradoiros da biblioteca co libro “O Herbario de Rosalía”, co que realizamos xogos de atención no que trala lectura das súas estrofas o alumnado tiña que identificar as prantas que nelas se mencionaban fixándose nas características de cada unha: as súas flores, froitos. forma das follas, cores... e como produto final elaboramos un mural expositivo. Desta forma non só afondamos sobre a obra de Rosalía senón que potenciamos a comprensión lectora, aumentamos a noso coñecemento sobre a flora e tomamos conciencia sobre o coidado da natureza. 

Visita ós centros Leiras Pulpeiro e Politécnico

Dep. Orientación

O alumnado de 4º da ESO realizou unha visita ó instituto Leiras Pulpeiro, así como ó Centro Público Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo como parte de todas as visitas que o noso alumnado está realizando en colaboración co Departamento de Orientación para axudarlles a xestionar na toma de decisión da súa continuidade nos seus estudos, unha vez rematen a súa formación no noso centro.

Os nenos e nenas de 4º da ESO puideron coñecer de primeira man a oferta educativa e o funcionamento interno de ambos centros de ensino. Agradecemos o trato recibido e as facilidades que puxeron os equipos directivos e os servizos de orientación de ambos centros en que o noso alumnado puidese realizar esta visita.

Andy Warhol´s Farm (A Granxa de Andy Warhol)

Mestres Gandeiros

O alumnado de 1º de Educación Primaria afondou sobre os animais domésticos, especialmente dos da granxa, ao mesmo tempo en que adentrouse no movemento artístico Pop Art a través da figura de Andy Warhol. Para iso creamos a nosa propia obra inspirándonos neste estilo pictórico de maneira cooperativa dende a materia Plástica Bilingüe. Así non só coñecemos o Arte Pop e o nome dos animais da granxa en inglés, senón que tamén traballamos a psicomotricidade fina (coloreando, recortando...) e aprendemos a facer un deseño en conxunto cos nosos compañeiros/as, respectando e tendo en consideración as aportacións alleas.

Charla Veterinaria

Mestres Gandeiros

O profesor da Facultade de Veterinaria de Lugo, Luís Quintela, estivo presente no noso centro educativo para impartirlles unha charla sobre o papel do veterinario na sociedade ao alumnado de 3º da ESO.

A veterinaria é unha rama da medicina dedicada á prevención, control, diagnóstico e tratamento das enfermidades que afectan aos animais domésticos e salvaxes, así como á prevención da transmisión de enfermedades animais aos humanos e garantir a seguridade alimentaria monitorizando a calidade dos alimentos e mantendo a saúde dos animais de produción.

Esta charla enmárcase dentro do programa de actividades do proxecto Mestres Gandeiros, que o noso centro está a desenrolar durante o presente curso escolar.

Charla sobre educación viaria

Dep. Orientación

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria, así como o de 4º da ESO asistiu a unha charla sobre educación viaria o comportamento que deben ter tanto os peóns como os conductores para unha correcta convivencia entre ambos e minimizar os riscos dunha mala praxis nas distintas vías.

As charlas, tituladas Seguro pola túa cidade e Se controlas, volves, entran dentro do Proxecto de prevención de lesións por accidente da asociación Aesleme, que traballa para unha maior concienciación de todos os alumnos e alumnas dos problemas que pode levar unha mala acción no eido da seguridade viaria.

Día de Rosalía

Ed. Primaria

O alumnado de educación primaria conmemorou o Día de Rosalía, que se celebra este venres 23 de Febreiro, cunha moi interesante actividade que tivo un eminente carácter participativo de toda a comunidade educativa e local.

Todo o alumnado, en colaboración co seu profesorado de primaria, elaboraron varias tarxetas coa figura da poetisa e tamén no reverso con algún dos seus poemas. Unha vez plastificadas, repartíronse, en colaboración coa ANPA do noso centro, por distintos comercios da localidade para que ese día as entreguen a súa clientela e así poidan ter un recordo permanente dunha data tan senlleira e identitaria para a nosa cultura como é o Día de Rosalía e a importancia que ten para nós.

Día Internacional do Gato

Antolín Martínez

Gatos y personas hemos comenzado nuestra particular relación hace más de 10000 años, aunque el origen de la relación no está muy claro. Sea como fuera, hoy es un día importante para dedicar un pequeño homenaje a este felino que nos acompaña en muchos de nuestros hogares.

Obradoiro de educación emocional

Dep. Orientación

De novo comezamos unhas novas sesións cos obradoiros da educación emocional nos cursos de 2º e 3º de educación primaria a cargo de María Barreiro, que se enmarcan dentro da liña de colaboración que o noso centro ten co organismo que representa. A educación emocional constitúe un dos aspectos básicos a tratar dende o punto de vista educativo por parte dos centros educativos e que tanto inflúe na formación do alumnado en idades temperás, por iso a importancia de tratar está temática nos primeiros cursos de educación primaria.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto colaborador que o noso centro educativo ten co Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Castro de Rei, Begonte e Friol.

Agradecemos a súa continua e desinteresada colaboración co noso colexio e que terá continuidade con outros obradoiros a celebrar neste trimestre co alumnado de educación primaria e secundaria.

Distribuir contido